6 de mar. de 2017

OIA

I Intercambio cultural entre alumnos do Concello de Oia e a Freguesía de Oiã 

A alcaldesa de Oia, xunto o presidente do executivo de Oiã, concelleiros, profesores, nais, e alumnos de Oia e Oiã.
Foto: Concello de Oia

Infogauda / Oia

 O Concello de Oia recibiu os pasados días 2, 3, e 4 de marzo, aos alumnos da Freguesía de Oiã (Portugal), participantes neste I Intercambio Cultural que se celebra entre ambos pobos irmandados. 

 Participaron 34 alumnos, de 5º e 6º de primaria, dos colexios CEIP Mestre Manuel García, CEIP Refoxos e Escola Básica Dr. Fernando Peixinho, de Oiã. 

 O xoves, a alcaldesa do Concello de Oia, Cristina Correa, deu a benvida na casa consistorial, aos membros do Executivo: o presidente Víctor Oliveira e Gina Diogo, acompañados por dúas profesoras e 15 alumnos de Oiã. A continuación, visitaron o Colexio Mestre Manuel García, onde foron recibidos polos mestres e os demais alumnos participantes. Despois das presentacións, compartiron comida no comedor do colexio. Pola tarde visitaron Baiona eo Museo Verbum. 

 O venres foron de excursión ao monte Santa Trega e ao Museo Arqueolóxico de A Guarda, para a continuación visitar o CEIP Refoxos. A tarde pasárona acompañados das súas familias de acollida.  

 O sábado, visitaron a Igrexa de Santa María de Oia e se organizaron xogos populares no colexio, acabando cunha comida amenizada polo Grupo Folclórico Tralo Mosteiro. 

 A alcaldesa destacou que este intercambio supón unha experiencia moi enriquecedora para os nosos xóvenes e que o vindeiro 20, 21 e 22 de abril, serán os alumnos de Oia os que visiten aos irmáns de Oiã. 

 Así mesmo, trasladou o seu agradecemento aos directores e ao profesorado dos centros educativos participantes, aos paise nais pola súa colaboración, e en especial, ao presidente do executivo, Víctor Oliveira, polas súas importantes aportacións a este proxecto.

Ningún comentario:

Publicar un comentario