28 de mar. de 2017

O ROSAL

Concerto de Presentación Dextrum Ensemble

Será o sábado día 1 de abril, ás 20:30 h., no Auditorio do Rosal

Agrupación Musical do Rosal / O Rosal

 A Agrupación Musical do Rosal convida a toda a cidadanía o fantástico concerto que terá lugar este sábado día 1 de abril ás 20:30 h. a cargo do Cuarteto de Saxofóns "Dextrum Ensemble". Será no Auditorio do Rosal é para nós e toda unha satisfacción que escollesen o noso pobo para facer o seu Concerto de Presentación.  

 O grupo formado por catro músicos galegos, nace coa inquietude de facer boa música de cámara a través do saxofón, buscando un xeito de comunicar a música que sexa sinxelo e atractivo para todos os públicos.  

 O termo latino que dá nome a formación liga moi ben coa pretensión dos seus integrantes, que é a de exercer o dereito de facer música para que todo o mundo teña o dereito de escoitala.  

Compoñentes: Blanca Represas, saxofón soprano; Miriam Arneiros, saxofón alto; Javier Comesaña, saxofón tenor; e Alberto Rocha, saxofón barítono.

Ningún comentario:

Publicar un comentario