14 de mar. de 2017

O ROSAL

ISI, O HUMORISTA, ARTISTA CONVIDADO DA AGRUPACIÓN MUSICAL DO ROSAL

Actuará o sábado día 18 de marzo, ás 22:00 horas, no Auditorio do Rosal


Agrupación Musical do Rosal

 A Agrupación Musical do Rosal, seguindo coa aposta de organizar todo tipo de actos culturais e lúdicos co fin de recadar fondos para as súas propias actividades, informa que este sábado 18 de marzo ás 22:00 horas o Auditorio do Rosal acollerá un monólogo de "ISI", que nos contará o seu anecdotario persoal, para facernos rir coas historias mais divertidas da súa vida.  

 Isi é un dos humoristas máis queridos e coñecidos de Galicia grazas as súas participacións en programas de entretemento da Televisión de Galicia, como SuperMartes, Air Galicia, Land Rober ou Todo queda na casa.  

 Isi cóntanos a súa vida e historias dun modo cercano, distendido e con toda a súa impresionante capacidade torácica que lle permite falar durante horas sen perder o sentido. Un contahistorias do cotiá, capaz de chegar tanto ó público rural como urbano grazas a súa simpatía e cercanía.  

 O prezo das entradas é de 6 € anticipada e 8 € en taquilla. Se estades interesados en asistir podedes reservar a vosa entrada nos teléfonos 986 626 311 ou 609 866 792. Ademais para facilitar a súa compra temos varios puntos de venda espallados polo Baixo Miño.  

· O Rosal: Auditorio do Rosal, Milar-Teleson, Exclusivas Alonso 

· Camposancos: Bar-Restaurante O Couto 

· A Guarda: The Celtic Harp, Frutería Vilar Tomiño: Carnicería Florentiña 

· Loureza: Bar El Puente 

 Se queres escachar coa risa e de paso colaborar coa Agrupación Musical do Rosal, non o penses... Esperámosvos!

Ningún comentario:

Publicar un comentario