REMO ERGÓMETRO
DAMIÁN ALONSO ALONSO, PRIMEIRA POSICIÓN NO WORLD ROWING INDOOR SPRINT 1000M
Por segundo ano consecutivo
Seu irmán Oscar Alonso Alonso, 1º en Categoría 19-29, e 2º na xeral
Damián Alonso Alonso, participando no Mundial de Remo Ergómetro celebrado en Boston
Infogauda / A Guarda
Por segundo ano consecutivo, o remeiro Damián Alonso Alonso, de A Guarda, logra a primeira posición no World Rowing Indoor Sprint 1000m, na súa categoría, e terceiro na xeral absoluta. Logo de coñecer eses novos logros, o deportista guardés fixo a seguinte valoración: "A pesares de non poder adestrar ben desde o Mundial de Remo Ergómetro celebrado en Boston fai un mes, non saiu mal de todo".
Damián Alonso salienta que ten novos retos á vista e salienta igoalmente os bós tempos e resultados tamén para os remeiros españoles:
Virginia Díaz Rivas, 2ª na Categoría 19-29, 3ª na xeral. Cristina Gandía, 1ª en Categoría 30-39 PL, 3ª na xeral.
Oscar Alonso Alonso, de A Guarda, 1º en Categoría 19-29, 2º na xeral.
Marcos Cesar Morales, 1º en Categoría 40-49, 12º na xeral.
Jesús González Álvarez 1º en Categoría 40-49 PL, 2º na xeral, igualando o récord do mundo na súa categoría.
Luis Amallobieta Abajas 5º en Categoría 40-49 PL, 20º na xeral.
Ningún comentario:
Publicar un comentario