17 de mar. de 2017

LABORAL

CIG-INDUSTRIA CONVOCA UNHA CONCENTRACIÓN DE PROTESTA DIANTE DO CONCELLO DE REDONDELA

Contra o despedimento dunha traballadora de Plastic Omnium 



Infogauda / Redondela

 A CIG-Industria de Vigo convoca unha concentración diante do Concello de Redondela, o vindeiro luns día 20, ás 11:00 horas, para esixir a readmisión dunha traballadora que foi despedida tras reclamar as mesmas condicións laborais que os seus compañeiros/as despois de estar durante anos cun contrato ilegal en fraude de lei.

Ningún comentario:

Publicar un comentario