24 de mar. de 2017

CULTURA

Cultura participa nas homenaxes ao gaiteiro Ricardo Portela no día do seu 25º cabodano 

Nun acto celebrado hoxe en Cotobade-Cercedo, o secretario xeral de Cultura referiuse ao mestre de Viascón como “un alicerce fundamental” da música de gaita de base tradicional que se produciu nas últimas décadas

A Xunta de Galicia súmase os actos en recordo de Ricardo Portela

Infogauda / Cotobade - Cerdedo

 A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria sumouse hoxe as actos en recordo de Ricardo Portela, no día no que se cumpren 25 anos do pasamento do gaiteiro.
 Na ofrenda floral que tivo lugar no concello de Cotobade-Cerdedo, Anxo Lorenzo recordou que o mestre de Viascón foi “testemuño dese arranque da música tradicional cara ao eido do folk e mesmo foi fonte directa para moitos dos gaiteiros e gaiteiras que desde aquela abriron novos camiños para a gaita dentro da industria musical, con personalidade propia e cun espírito de innovación”.

 “Un alicerce fundamental da nosa música”

 Nun acto que tamén contou, entre outras, coas intervencións do alcalde do municipio, Jorge Cubela, xunto coas de diversos compañeiros e achegados do homenaxeado, o secretario xeral de Cultura fixo fincapé en que “o traballo realizado por Ricardo Portela é “alicerce fundamental de toda esa música de gaita de base tradicional que se produciu nas últimas décadas”.
 Ademais de participar nos actos en recordo do gaiteiro, Cultura apoiou a realización do disco conmemorativo ‘Aires de Pontevedra’, do gaiteiro Oscar Ibáñez, que se presentou hoxe no Teatro Principal de Pontevedra. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario