II ANDAINA DA LAMPREA
Organizada pola Concellería de Xuventude, do Concello de Arbo, terá lugar o vindeiro día 9 de abril
Concellería de Xuventude / Arbo
Co fin de promocionar a Vila de Arbo, o patrimonio, a paisaxe, o río Miño, as pesqueiras e a nosa lamprea, a Concellería de Xuventude organiza a II Andaina da Lamprea, que tera lugar o vindeiro 9 de abril.
A saída será dende o Centro de Interpretación do Viño e da Lamprea "Arabo" as 9:30 horas. O remate da Ruta os participantes poderan degustar a lamprea en distintas variedades e viño da nosas adegas.
A obriga de pagamento do prezo público establecido nace dende o momento no que se formalice a inscrición na referida actividade municipal.
O pagamento do prezo público deberá efectuarse mediante ingreso no número de conta bancaria que figura no formulario de inscrición e a taxa son 3 euros.
A inscrición será nas oficinas municipais do Concello.
Coa inscrición correspondente deberá achegarse copia do xustificante de pagamento.
Mais información na páxina web do Concello ou chamando o Concello 986 665 009.
Ningún comentario:
Publicar un comentario