25 de mar. de 2017

A LOURIÑA

A Xunta de Galicia adxudica as obras de construción dunha senda para peóns e ciclistas nos concellos do Porriño e Mos, por un importe de máis de 378.000 euros

A senda iníciase na marxe esquerda da estrada, nas proximidades do Colexio Santo Tomás, no que finalizan as actuais beirarrúas, ata a ponte sobre a AP-9, pasando pola intersección existente coa estrada a Pereiras-Tameiga  

Coa execución desta senda existirá un itinerario peonil continuo polas dúas marxes da vía que comunicará os dous centros de ensinanza co Porriño  

Tamén se proxecta a mellora da intersección entre a PO-331 e a estrada Pereira-Tameiga, na que se construirá unha semiglorieta para facilitar os xiros á esquerda neste punto 

O itinerario está enmarcado no Plan de Sendas na comarca de Vigo, ao que a Xunta destinará un investimento de 3,9 millóns de euros para a execución de 9 proxectos que contemplan 11 treitos identificados como prioritarios  


Infogauda / A Louriña

 A Consellería de Infraestruturas e Vivenda vén de adxudicar o contrato para a execución dunha senda peonil e ciclista ao longo da estrada PO-331, no lugar de Atín, concretamente entre os puntos quilométricos 1+890 e 2+810, a o seu paso polos Concellos de Mos e O Porriño. 
 
Esta actuación, cun prazo de execución de seis meses, foi adxudicada á empresa COPASA por un importe de máis de 378.000 euros, co cofinanciamento de Fondos FEDER 14/20. O itinerario está enmarcado no Plan de Sendas na comarca de Vigo, ao que a Xunta destinará un investimento de 3,9 millóns de euros para a execución de 9 proxectos que contemplan 11 treitos identificados como prioritarios. 

 A senda na estrada PO-311 dará continuidade ao itinerario peonil existente no núcleo do Porriño ata o paso superior existente sobre a AP-9 nas proximidades de Atín.

A actuación iníciase na marxe esquerda da estrada, na que se construirá unha senda da 933 metros de lonxitude, desde as proximidades do Colexio Santo Tomás no que finalizan as actuais beirarrúas, ata a ponte sobre a AP-9, pasando pola intersección existente coa estrada a Pereiras – Tameiga. 

 Pola marxe dereita da estrada, a obra terá unha lonxitude de 200 metros e comezará na intersección coa estrada municipal Pereiras- Tameiga, dado que ata este punto xa existe beirarrúa. A senda nesta marxe desviarase da estrada nos últimos 80 metros ata o acceso ao centro escolar de Atín. Neste último tramo terá un ancho de 3 metros.

 Coa execución desta senda existirá un itinerario peonil continuo polas dúas marxes da vía que comunicará os dous centros de ensinanza co Porriño.

 Cómpre lembrar que tamén se proxecta a mellora da intersección entre a PO-331 e a estrada Pereira-Tameiga, na que se construirá unha semiglorieta para facilitar os xiros á esquerda neste punto.

Ningún comentario:

Publicar un comentario