31 de mar. de 2017

A GUARDA

Apertura de prazo para campamentos polideportivos da Deputación de Pontevedra   


Infogauda / A Guarda

 A Deputación de Pontevedra vén de abrir o prazo para enviar as solicitudes para participar nos campamentos polideportivos, dirixidos a nenos e nenas que teñan o seu domicilio habitual nun concello da provincia de Pontevedra e que nacesen entre o 2003 e 2010 ambos incluídos.  

 O prazo de solicitudes estará aberto ata o 21 de abril de 2017 e se poderán presentar de dúas formas: 

- Preferentemente realizando unha preinscrición a través da web da deputación, cubrindo os datos no modelo oficial de solicitude e premer o botón enviar. Despois imprimir este xustificante e presentalo xunto co resto de documentación no Rexistro xeral da institución (Deputación provincial) ou oficinas de ORAL (as máis próximas: O Rosal e Tomiño). 

- A outra forma de inscrición será cubrir a solicitude por escrito e xunto ao resto de documentación presentala nos rexistros citados anteriormente (Rexistro xeral deputación ou oficinas ORAL máis próximas O Rosal e Tomiño).  

 Xunto coa solicitude tamén hai que presentar como parte da documentación unha fotocopia DNI pai/nai ou titor/a, fotocopia DNI menor, certificado empadroamento, fotocopia tarxeta sanitaria e libro de vacinas do/a menor. 

 O prezo deste campamentos é de 125€, pero terán un desconto do 20% as familias numerosas de 3 fillos/as e do 30% as que teñan máis de 3 fillos/as.  

 Para máis información poden dirixirse á OMIX de maneira presencial, a través do teléfono 986614546, no mail informacion@aguarda.es ou no perfil de Facebook da OMIX.

Ningún comentario:

Publicar un comentario