30 de mar. de 2017

A GUARDA

O Concello da Guarda informa da execución das obras de peatonalización parcial da Praza do Reló

O concello informa aos veciños que cando estea rematada a obra só poderán circular vehículos dende a rúa Bernardo Alonso a Cervantes, e dende a rúa Colón tamén a Cervantes
Fotos: C.A.G.

Infogauda / A Guarda

 Nos próximas días o Concello da Guarda executará a obra de peatonalización parcial da Praza do Reló. Con esta obra eliminarase o tráfico e aparcamento na maioría da superficie da praza.



 O concello informa aos veciños que cando estea rematada a obra só poderán circular vehículos dende a rúa Bernardo Alonso a Cervantes, e dende a rúa Colón tamén a Cervantes.

 Nesta nova disposición facilitarase un aparcamento para minusválidos e unha zona de carga e descarga. Os carrís de circulación estarán limitados por bolardos extraíbles de aceiro inoxidable e dotarase de mobiliario ao resto da praza.

 A intención do Concello con esta actuación é por en valor a Praza do Reló como espazo de convivencia tranquila para todos os veciños, dende os máis pequenos ata os avós.

Ningún comentario:

Publicar un comentario