24 de mar. de 2017

A GUARDA

Deu comezo na Guarda, o obradoiro de cociña sobre a elaboración de chocolates
  

O obradoiro de cociña sobre a elaboración de chocolates iniciouse a pasada semana
Fotos: C.A.G.


Infogauda / A Guarda

 O obradoiro de cociña sobre a elaboración de chocolates que organiza a OMIX da Guarda, dependente da Concellería de Xuventude, dentro da súa programación formativa para 2017 iniciouse a pasada semana.  


 Os 16 alumnos e alumnas están aprendendo a realizar chocolates con froitos secos, chocolates con crema e froita, pralinés e bombóns ou filigranas e decoracións, entre outras deliciosas creacións.  





 O obradoiro xa se desenvolveu os días 15 e 22 de marzo cunha gran acollida e satisfacción entre os participantes e rematará a vindeira semana, o mércores 29 de marzo.

Ningún comentario: