O Concello da Guarda presentou a súa campaña de sensibilización e difusión do novo "Regulamento de Limpeza Pública e Recollida de Lixo"
Que entrou en vigor o pasado 30 de decembro
O alcalde da Guarda, Antonio Lomba Baz e o Concelleiro de Servizos, Paulino Rodríguez González, na presentación do novo "Regulamento de Limpeza Pública e Recollida de Lixo" do Concello da Guarda
Fotos: C.A.G.
Infogauda / A Guarda
O alcalde da
Guarda, Antonio Lomba Baz e o Concelleiro de Servizos, Paulino Rodríguez González,
presentaron este martes día 28 de marzo a Campaña de sensibilización e de difusión
do novo "Regulamento de Limpeza Pública e Recollida de Lixo" do
Concello da Guarda, que entrou en vigor o pasado 30 de decembro.
A limpeza pública
e, en concreto, este novo regulamento foron e seguen a ser prioridades do
equipo de goberno, que traballou dende o comezo da lexislatura para sacar
adiante este Regulamento e que agora o complementa cunha campaña de información
e sensibilización, pois saben a importancia que este tema ten para os guardeses.
Nesta presentación,
que tivo lugar ás 11:00 horas na Casa dos Alonso, deuse a coñecer unha campaña
coa que o Concello busca facilitar o coñecemento das normas que rexen a limpeza
pública e recollida do lixo a partir de agora, e promover que todos os veciños colaboren en que A Guarda sexa unha vila exemplar pola súa limpeza.
Dentro desta
campaña estanse a levar a cabo diversas accións. O Concello da Guarda enviará
nos próximos días unha carta de presentación do Regulamento, xunto co propio
texto do Regulamento de Limpeza Pública e Recollida de Lixo a tódalas vivendas
para que os guardeses o poidan consultar cando o desexen. Ademais, realizouse a
edición dun bando para instar á limpeza de fincas, a edición de 100 vinilos
instando á recollida das cacas dos cans en espazos públicos, 30 vinilos
advertindo da prohibición de pegar carteis nas marquesiñas, 450 para depositar
o lixo nos contedores correspondentes e se fabricaron 3 sinais de estrada
advertindo da prohibición de pegar carteis en mobiliario e espazos públicos.
Xunto con esta
campaña o Concello promoverá a sensibilización no tema da limpeza pública e da
separación do lixo, así como do
coñecemento das normas que os regulan, a través das redes sociais, promovendo a
acción e participación cidadá pois entre todos é posible ter A Guarda máis
limpa e fermosa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario