28 de mar. de 2017

A GUARDA

FÁTIMA IGLESIAS FERREIRA PRESENTOU UNHA MOCIÓN PARA O ESTUDO E MELLORA DA MOBILIDADE PEONIL NO ENTORNO DA ROTONDA DE SAN ROQUE


Fátima Iglesias Ferreira, concelleira non adscrita no concello de A Guarda



Infogauda / A Guarda

 Fátima Iglesias Ferreira, concelleira non adscrita, na Corporación Municipal de A Guarda, ven de presentar no rexistro municipal de entradas do Concello, para seu debate e aprobación, se procede, na vindeira sesión plenaria que terá lugar o venres día 31 de marzo, a seguinte proposta:

MOCIÓN PARA O ESTUDO E MELLORA DA MOBILIDADE  PEONIL NO ENTORNO DA ROTONDA DE SAN ROQUE E A ESTRADA PO-552

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

 O entorno urbán desempeña un papel fundamental na mobilidade do peón. Hoxe en día, se ven profundizando no coñecemento do entorno que maior relación ten co peón para mellorar a calidade da mobilidade e accesibilidade. O peaón ten unha dobre faceta na cidade, a de habitante e tamén, a de usuario do modo de transporte máis básico, por elo, vemos, como hoxe o modelo de cidade é aquel que fomenta o espacio para os peóns, xa que facilita que as persoas se trasladen a pé, o que é menos contaminante, mellora o medio ambiente e acústico, é saudable xa que camiñar é un hábito recomendado, mellora o tráfico rodado, facilita o aparcamento, as relacións sociais, os hábitos lúdicos,...

 A presenza ou non, de determinados elementos nas rúas e viais pode potenciar os desprazamentos peonís ou disuadilos. Neste caso en concreto, e poderíamos referirnos a outros máis na nosa vila, falamos da zona da estrada nacional PO-552, antes e despois da rotonda de entrada o tramo de vial entre A Guarda e Goián.

 Facendo memoria, no plenario do concello da Guarda, en outras lexislaturas xa se solicitara instar a Xunta de Galicia a colocación de pasos de peóns para que as persoas puideran cruzar con seguridade a PO-552, un tramo de moito tráfico rodado, pero tamén onde existen accesos a vivendas, establecementos comerciais, zoas de servizos, igrexa parroquial, capela, cemiterio,..., pero hoxe afirmamos que a rotonda de acceso o vial é un elemento disuasorio que dificulta todavía máis os desprazamentos peonís, e divide máis ainda os barrios da parroquia de Salcidos.

 Por todo isto, se somete ao Pleno do Concello de A Guarda a adopción dos seguintes acordos:

1º  Proceder  a traves dos mecanismos necesarios, o estudo e avaliación da mellor opción para facilitar a mobilidade segura dos peóns que teñan que cruzar a carretera PO-552 de entrada A Guarda no tramo anterior e posterior a rotonda de acceso o vial, e no entorno da propia rotonda.

2º Instar a Xunta de Galicia a que se comprometa e colabore nesta proposta para ofrecer seguridade viaria e mobilidade os peóns no entorno de acceso o víal de conexión entre A Guarda e Goián, e para poder cruzar con seguridade a estrada PO-552.


A Guarda a 23 de Marzo de 2017

Fátima Iglesias Ferreira – Concelleira non adscrita



      No entorno da rotonda de San Roque, no estrada PO-552, os peóns non dispoñen de espazo físico para poder camiñar con seguranza 
      Fotos: Fátima Iglesias Ferreira


     Desde Infogauda saudamos a moción presentada por Fátima Iglesias Ferreira, e desexamos que esa iniciativa conte co apoio unánime de toda á Corporación Municipal de A Guarda, para dese xeito instar á Xunta de Galicia a subsanar ese punto negro ao que se refire a iniciativa da concelleira non adscrita, e o cal nos referimos no noso editorial do pasado día 30 de xaneiro de 2017. Como lembrarán os lectores deste xornal dixital, daquela xa deixamos constancia da TRAMPA MORTAL PARA OS PEÓNS NA ROTONDA DE SALCIDOS

    Por iso, o tempo que damos a benvida a esa moción, queremos deixar constancia doutro lugar de notorio perigo mortal. Referímonos á zoa da Bisorca, concretamente na rúa Francisco Lomba Trigo, onde existen vivendas a carón do vial CG-42 e do acceso o mesmo, e o perigo de atropelo os peóns - sobor de todo por causa dos vehículos que procedentes de Goián entran en dirección a Pintán, nalgúns casos, con excesiva velocidade - é un feito que se pode constatar calquer día, a calquer hora. Semella que os redactores do proxecto do vial CG-42 non adoitan transitar por ese lugar, xa que doutro xeito, coidaríanse moito de facelo nas circunstancias en que o teñen que facer os veciños da Gándara, Pintán e A Proba, onde á desprotección dos peóns é un feito incontestable.

Ningún comentario:

Publicar un comentario