ABERTO O PRAZO PARA AS SOLICITUDES NO PROGRAMA BENESTAR EN BALNEARIOS
O Departamento de servizos sociais do concello de
A Guarda informa que está aberto o prazo para as solicitudes no Programa
BENESTAR EN BALNEARIOS da Xunta de Galicia ata o próximo día 17 de abril 2017.
Requisitos:
a) Ser maior de 60 anos ou maior de 55 e, neste caso, reunir
a condición de pensionista do sistema da Seguridade Social, polos conceptos de
xubilación, invalidez, viuvez outras pensións.
b) Estar empadroado e residir nalgún concello da Comunidade
Autónoma de Galicia.
c) Valerse por si mesmo para as actividades da vida diaria e
estar en condicións de participar no programa, agás no caso de fillos ou fillas
que acudan en calidade de acompañantes.
d) Non padecer alteración do comportamento que poidan
afectar a normal convivencia nos
establecementos, nin padecer enfermidade transmisible con risco de contaxio.
e) Carecer de contraindicación médica para a recepción dos tratamentos termais.
f) Acadar, de conformidade co baremo establecido, a
puntuación que lle permita acceder a un dos balnearios e quendas solicitadas.
A persoa solicitante poderá ir acompañada do seu cónxuxe ou, se fose o caso, da parella de feito ou persoa con que
teña unha unión estable e de convivencia con análoga relación á conxugal, sempre
que cumpra os requisitos citados anteriormente, excepto o sinalado na letra a)
do punto primeiro e con fillo/a con grao
de discapacidade que se poida desprazar con autonomía.
A Guarda, 24 de marzo de 2017
Mª
Teresa Vicente Baz
Concelleira
de servizos sociais
Ningún comentario:
Publicar un comentario