A liquidación do orzamento do Concello da Guarda de 2016 dobra o superávit respecto ao exercicio anterior
Infogauda / A Guarda
O executivo municipal ven de informar que "o Concello da Guarda pechou o exercicio 2016 cun
resultado orzamentario, despois de realizar os axustes pertinentes, de
605.762,55€. Logrouse así un resultado orzamentario moi positivo que supón un
importante superávit para o Concello, o dobre que o do ano pasado (que foi de
395.492,09€). Isto significa que os recursos orzamentarios do Concello cubriron
tódolos gastos requiridos e que ademais existe un sobrante de recursos que
pasarán a incrementar o remanente de tesourería.
Grazas a este resultado positivo o remanente de
tesourería para gastos xerais ascendeu a a 840.161,74€, e o aforro bruto acadou
os 935.121,17€. A isto hai que engadirlle que o Concello da Guarda dispuña a
finais de 2016 duns fondos líquidos 1.803.589,12€ e que o bo facer, o traballo
do equipo de goberno e os continuos esforzos realizados por reducir a débeda
cos bancos deron os seus froitos cunha redución progresiva da mesma. Isto
tradúcese en que a día 31 de decembro do ano 2016, a débeda cos bancos do
concello cifrábase nos 364.172,12€; unha cifra moito menor que os 514.446,01€
que se acadaban a finais de 2015. A tendencia descendente continuará e
rematarase este ano 2017 cunha débeda de só 150.278,16€.
Nesta senda, tamén cómpre salientar os datos positivos
con respecto do grado de execución dos orzamentos de gasto, que se sitúa nun
91,53%; así como o 117,57% acadado na execución dos impostos directos (IBI,
IAE,Imposto de circulación,etc.) ou o 97,95% da execución das taxas e outros
ingresos (lixo, auga, sumidoiros,.). En canto ás transferencias correntes o
grado de execución foi do 113,11%, as obrigas recoñecidas netas chegaron aos
6.218.224,68€ e a recadación aos 6.261.099,36€
Os esforzos realizados dende o Concello reflíctense
nestes datos positivos e fixeron que non só se obtiveran uns resultados
satisfactorios de liquidación orzamentaria e a xa citada redución da débeda cos
bancos; senón que tamén hai que engadir o cumprimento da regra de gasto e da
estabilidade orzamentaria no exercicio 2016. Deste xeito confírmase a boa
dirección do traballo realizado dende o equipo de goberno, cuns resultados que
serven para animar e reforzar unha liña de traballo que fará que esta tendencia
positiva continúe nos vindeiros exercicios".
Si Oh!!!!. Non gastando un duro en arreglar todo-los desperfectos que hay por toda a Vila, e tendo todo feito unha merda!!!!. Así afórrase muito.
ResponderEliminar