O Museo do Mar da Guarda volta a reabrir as súas portas esta fin de semana
O horario no que os veciños e turistas poderán acceder ao museo será de 11:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:00 horas, tanto os sábados, domingos e festivos
O Museo do Mar da Guarda está ubicado no interior da réplica da Atalaia
Fotos: C.A.G.
Infogauda / A Guarda
Despois de permanecer pechado durante os pasados meses de inverno por razóns de mantemento, esta semana o Museo do Mar da Guarda volve a abrir as súas portas aos visitantes, coincidindo co final da estación e co comezo da primavera.
O horario no que os veciños e turistas poderán acceder ao museo será de 11:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:00 horas, tanto os sábados, domingos e festivos. O acceso ao museo ten un prezo de 1€, pero as visitas son de balde o primeiro sábado de cada mes.
Vista parcial do interior do Museo do Mar da Guarda
Dende o Concello da Guarda anímase aos veciños e visitantes a coñecer e redescubrir este museo situado nunha contorna tan especial e que forma parte da Rede de Museos da localidade, que completa o Museo Arqueolóxico do monte Santa Trega e o Centro de Interpretación das Fortalezas Transfronteirizas da Fortaleza de Santa Cruz.
Ningún comentario:
Publicar un comentario