23 de mar. de 2017

A GUARDA

O EXECUTIVO MUNICIPAL PRESENTA O NOVO "REGULAMENTO DE LIMPEZA PÚBLICA E RECOLLIDA DE LIXO", DO CONCELLO DA GUARDA

Que entrou en vigor o pasado 30 de decembro





 Dende o Concello da Guarda convidamos aos medios de comunicación a asistir á presentación da Campaña de sensibilización e de difusión do novo "Regulamento de Limpeza Pública e Recollida de Lixo" do Concello da Guarda, que entrou en vigor o pasado 30 de decembro. 

 Dada a importancia que o tema da limpeza pública ten para a cidadanía da localidade, dende o Concello vaise presentar unha campaña froito dun amplo traballo por modernizar as normas que rexen a limpeza pública e a recollida do lixo e facilitar a colaboración de todos para ter unha Guarda máis limpa e fermosa. 

 Este acto, no que estará presente o alcalde da Guarda, Antonio Lomba e o concelleiro de Servizos, Paulino Rodríguez, terá lugar o vindeiro martes 28 de marzo na Casa dos Alonsos ás 11 horas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario