22 de feb. de 2017

A GUARDA

O PARTIDO POPULAR LAMENTA QUE A GUARDA MORRA SEN SOLO INDUSTRIAL E PROPÓN MEDIDAS URXENTES 

“Esta debería ser unha das principais preocupacións do alcalde”, sinala a voceira popular 

“Unhas empresas marchan de A Guarda porque non poden ampliar o seu negocio, outras non poden instalarse aquí por falta de solo industrial e mentres o alcalde está de brazos cruzados”  

Superposición da zona prevista no PXOM vixente sobre unha imaxe actual (Fonte: SIXPAC)


 Infogauda / A Guarda

 O Partido Popular da Guarda ven de faer público que lamenta que un dos maiores problemas do concello sexa a falta de solo industrial que permitan unha ampliación de negocio ás empresas que xa establecidas no municipio ou que outros empresarios de diversos sectores productivos  poidan instalar a súa empresa na Guarda e contribuír desta maneira á creación de novos postos de traballo e a reactivar o sector económico. “Esta debería ser unha das principais preocupacións do alcalde, pero vemos que non lle interesa en absoluto crear emprego e mentres A Guarda morre sen solo industrial o alcalde está de brazos cruzados”, explica Conchi Ortega Martínez, voceira do PP.  

 “Sabemos de empresas que preguntaron polo solo industrial dispoñible para establecer unha empresa na Guarda e non tiveron resposta e tamén coñecemos empresas que estaban ubicadas na Guarda e agora se trasladaron a outros concellos veciños. Unha situación moi triste que tería fácil solución se o Goberno local tivera iniciativa propia”, sinala a voceira do PP, Conchi Ortega.  

 É por todo isto que os populares presentan unha moción no próximo pleno no que se propoñen solución urxentes e que se poderían executar a curto prazo, “antes de que máis empresas marchen do concello”. Conchi Ortega cre que a solución desexable pasaría por ter un Novo Plan Xeral actualizado, pero desde maio de 2015 Consultora Galega informou do seu desexo abandonar este traballo, e posteriormente rescinde o contrato.   

 A voceira popular explica que unha solución parcial ao problema e de acordo co plan vixente desde 1993 sería que o Goberno local retomase as conversas cos propietarios do solo urbanizable número 6 para chegar a un acordo entre as partes e que se asegure que os usos do novo polígono sexan os suficientes para dar cabida a todo tipo de naves ligadas á actividade industrial e posibilitadas no Plan Xeral vixente

 Segundo explica a voceira popular, propoñen ademais que os servizos de urbanismo do Concello de A Guarda redacten o plan parcial para a ordenación detallada do solo urbanizable nº 6, ou que divida o polígono  previamente noutros co límite inferior legal de 3 Ha para facilitar a súa viabilidade, para posteriormente desenvolver os seus respectivos plans parciais, e os leven despois a pleno para a súa tramitación urbanística e segundo as leis vixentes.   

 “A Guarda necesita tomar medidas urxentes porque son moitos os empresarios que preguntan por solo industrial para instalar as súas empresas no noso Concello e o Goberno local sábeo pero como sempre non fan nada para solucionar este problema”, explica a voceira popular, que asegura que “mentres outros concellos fan o imposible por atraer novas empresas para os seus concellos, na Guarda parece que non son ben recibidas”. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario