O Concello do Rosal convoca o tradicional concurso de carrozas, comparsas, grupos e disfraces individuais que se celebrará con motivo do Entroido 2017,  o domingo  26 de febreiro, ás 11:00 horas, na vila do Rosal. O desfile percorrerá a rúa Julio Sesto, desde a Rotonda da Feira e a rúa de Ramón Franco,  ata o cruce coa Lomba.
 A inscrición dos participantes farase no Rexistro do Concello, en impreso normalizado para este fin, ata as 14:00 horas do martes, 21 de febreiro de 2017.
Xunto coas solicitudes de inscrición, deberán achegar:

  • Breve descrición dos disfrace que se presenta a concurso.
  • Maiores de idade: fotocopia do DNI.
  • Menores de idade: fotocopia do DNI do representante e autorización única da persoa que represente  á totalidade dos menores que participen (detallando o nome e apelidos de todos eles).
  • Asociacións: fotocopia do CIF e fotocopia do DNI do representante
DESCARGAS:
  1.  BASES ENTROIDO 2017
  2. 02 INSTANCIA E AUTORIZACION_MENORES ENTROIDO 2017