21 de xan. de 2017

O ROSAL

PLAN PROVINCIAL DE OBRAS E SERVIZOS – LIÑA 3 (DEPUTACIÓN) 2017

Financiará a contratación de 14 desempregados/as para o concello do Rosal, a xornada completa 



Infogauda / O Rosal

 O Plan Provincial de Obras e Servizos da Deputación de Pontevedra para o ano 2017, na súa liña destinada ó emprego, financiará a contratación de 14 desempregados/as para o concello do Rosal, a xornada completa, e por un distintos períodos que van dende os catro ós nove meses. 

 Mentres que a Deputación financiará os gastos salariais e de seguridade social, o Concello farase cargo dos gastos referidos ás liquidacións por fin de contrato, a formación en prevención de riscos laborais, a roupa de traballo e os equipos de protección individual necesarios, así como a vixiancia da saúde dos traballadores/as. 

 Os/as traballadores/as que sexan contratados/as para realizar as obras ou prestar os servizos polos que se outorgue a subvención deberán ser persoas desempregadas, inscritas na Oficina de Emprego de Tui. 

 As ocupacións que o concello solicitará á Oficina de Emprego son as que seguen:  

CON/NIVEL PROFESIONAL (CATEGORÍA) OCUPACIÓN 
71211015/50 – 7 OFICIAIS 2ª ALBANEIS (4 durante oito meses e 3 durante 4 meses) 

94411010/00 – 4 MOZOS DE RECOLLIDA DE LIXO (nove meses) 

83221013/00 – 1 CONDUCTOR-OPERADOR DE MAQUINARIA FORESTAL CON MOTOR, EN XERAL (seis meses) 

92101050/00 – 1 PERSOAL DE LIMPEZA DE EDIFICIOS (nove meses) 

57101013/70 – 1 ASISTENTE DOMICILIARIO (nove meses) 

Ningún comentario:

Publicar un comentario