30 de xan. de 2017

DEPORTES

ATLETISMO

CAMPIONATO DE GALICIA DE ATLETISMO EN PISTA CUBERTA

ELSA PENA, ATLETA DE A GUARDA, CAMPIOA DE GALICIA DE 3.000 M. LISOS

                    Elsa Pena, en plena carreira, por diante das súas inmediata seguidoras
 

Elsa Pena, no máis alto do podio
Fotos: Alberto Pena Lomba

Alberto Pena Lomba / A Guarda

 Este pasado sábado, disputouse na Coruña o Campionato de Galicia de Pista Cuberta para os atletas da categoría cadete así como o Campionato galego para os 3.000 e 1.500 m. da categoría xuvenil, cunha ampla presenza de atletas. 

Elsa Pena, coa súa medalla de campioa de Galicia

 A atleta Elsa Pena, de A Guarda, acadou o primeiro posto nos 3.000 metros lisos na categoría cadete, conseguindo tamén a mínima para o campionato de España.

Ningún comentario:

Publicar un comentario