UN RITUAL SALUTÍFERO: BAÑARSE EN INVERNO NAS AUGAS DA PRAIA AREA GRANDE
Compoñentes e simpatizantes da Peña do Cemento despediron dese xeito 2016
Nin a elas nin a eles, lles mete medo a temperatura da auga da Praia Area Grande
Foto: Santiago Baz Lomba
Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda
Xa non é de agora. A tradición ven de moitos anos atrás. Non é necesaria unha convocatoria previa, porque a Peña do Cemento, que así se denomina ese singular colectivo, do que forman parte persoas de tódalas edades, non considera preciso esa mera cuestión burocrática. Basta con ter a vontade - e unha boa dose de valentía - para levar a bo termo un reto polo cal están agardando desde o día 1º de xaneiro a que chegue o 31 de decembro, e celebra-lo remate do ano de un xeito especial: Bañándose nas salutíferas augas da Praia Area Grande.
A Praia Area Grande, é desde fai moitísimos anos, un dos lugares recomendados por moitos especialistas en dermatoloxía e outras especialidades médicas, polas cualidades das súas augas. Nos meses de verán, resulta unha praia moi familiar, a onde acuden tanto persoas do pobo de A Guarda, como dos arredores, e por suposto, tamén algúns visitantes de outras provincias do Estado español, nomeadamente da provincia de Ourense. Coñecemos familias que levan máis de medio século vindo a veranear á Guarda, e con asiduas desta praia. Tamén e ben certo, que outras moitísimas persoas, levan igoalmente varias décadas vindo a disfroitar das súas vacacions no noso pobo, e optan por outros areais, como a Praia do Forte, coñecida popularmente como Praia do Muiño, así como a Praia da Lamiña, Armona, O Caldeiro, A Corveira, A Pasaxe,..., todas elas en Camposancos. E ainda quedan outros lugares igoalmente fermosos como a Praia de Fedorento e a Praia do Carreiro, que tamén contan cos seus adeptos.
Cada unha das praias guardesa ten seus atractivos, súas características, e mesmo poderíamos decir, seu público. Agora ben, a Praia da Area Grande, onde nos anos 60 do pasado século, se bañou o escritor mindoniense Álvaro Cunqueiro, ten nos compoñentes da Peña do Cemento, seus principais valedores. Eles son os que manteñen esa formidable tradición do baño nas augas oceánicas - e por conseguinte frescas - cada 31 de decembro. Nada lles fai recuar. E en honor a verdade, temos que decir, que esa costume é patrimonio de todos, xa que a practican tanto mulleres - de momento neste caso, en minoría, pero todo se andará - como homes.
É certamente, un verdadeiro pracer, comprobar como cada ano, un grupo de persoas deixa a un lado outras tarefas, e adícase un tempo de lecer para disfroitar das augas da Praia Area Grande. E compre salientar que algúns bañistas veñen expresamente para ese ritual desde diversos lugares da península ibérica.
E o remate do chapuzón, e dunhas brazadas en senso perpendicular, toca secarse para pasar a disfroitar da compaña de amigos e familiares, degustando uns aperitivos e mesmo un saboroso xantar, no restaurante Area Grande. A felicidade está formada, básicamente, de intres como eses que non debemos deixar de vivi-los, namentras poidamos.
Alégrame moitísimo ver que xente nova recolle a testimuña para levar adiante a lembranza das persoas que loitaron pola nosa dignidade. Dende lonxe súmome e agradezo que a memoria siga viva.
ResponderEliminar