2 de xan. de 2017

A GUARDA

MEMORIA HISTÓRICA

1936 - 2016
Nom esquecemos!

HOMENAXE 

Na fosa común do cemitério de Sestás (A Guarda) 


Na imaxe, un grupo de persoas de A Guarda e do Rosal, na homenaxe do pasado día 31 dedecembro, na Fosa Común de Sestás ( A Guarda)
Foto: Santiago Baz Lomba
 

Infogauda / A Guarda


 Arredor das 12:00 h, do 31 de decembro de 2016, un grupo heteroxéneo de persoas, veciñas de A Guarda e do Rosal, atendendo á convocatoria feita pública en datas precedentes, polos mozos do Centro Social Fuscalho, baixo o lema Nom esquecemos!, reuníronse diante da Fosa Común do cemitério de Sestás (A Guarda), para tributar unha homenaxe de lembranza ás persoas que loitaron na defensa da Democracia e da Libertade fronte os insurrectos.  

 Compre salientar que nesa homenaxe cívica, na que participaron persoas de diferentes pensamentos e sensibilidades, tamén houbo espazo para facer un breve repaso histórico, para música tradicional e para a poesía.

 A pesar de que no derradeiro día do ano pasado, cecais non era á data máis idónea para ese tipo de eventos, pola coincidencia con outras actividades de carácter deportivo e lúdico, compre salientar que á resposta dada polos participantes, demostra que a memoria está viva. Que pasaron 80 anos desde que os golpistas franquistas se rebelaron contra o Goberno da IIª República, máis a pesares de elevado custe humano, social i económico que a guerra supuxo, a cidadanía non esquece. Xa o profetizara noso insigne polígrafo Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, non seu álbum Galicia martir: "Non enterran cadaveres, enterran sementes". 

 E a verdade e que esa frase faise realidade cada vez que un grupo de persoas, en calquer época do ano, en respectuosa homenaxe se achega a Fosa Común de Sestás, para honrar á memoria dos que deron súas vidas pola causa republicana.

Ningún comentario:

Publicar un comentario