8 de dec. de 2016

O ROSAL

O BNG DO ROSAL RECLAMA A APLICACIÓN DAS BONIFICACIÓNS CATASTRAIS   


Ánxela Fernández Callís, portavoz do BNG no Concello do Rosal

Infogauda / O Rosal

 O BNG do Rosal ven de reclamarlle ó alcalde no pasado Pleno do 3 de decembro que cumpra o seu compromiso cos veciños e  aplique as bonificacións potestativas relativas ó “catastrazo” que foron aprobadas no Pleno do 2 de abril. 

 A aplicación das bonificacións  favorecería ás granxas e ás familias numerosas ante a situación de dificultade económica vivida pola sociedade no seu conxunto e polas explotacións agrogandeiras. Ademais, incentivaría o emprego das enerxías renovables.

Ningún comentario:

Publicar un comentario