15 de dec. de 2016

CACABELOS (EL BIERZO) LEÓN

PALACIO DE CANEDO, EN CACABELOS 

Un lugar para reencontrarse co mellor da comarca berciana

   Palacio de Canedo, en Cacabelos 
   Foto: Santiago Baz Lomba



Ricardo Rodríguez Vicente / O Bierzo

 Se hai alguen que confiou desde sempre na potencialidade da súa terra - O Bierzo -, é fixo que o seu primeiro apelido esté para sempre vencellado a esa comarca leonesa, esa persoa chámase José Luis Prada Méndez. Máis quen queira saber máis sobor dese emprendedor, abóndalle con que pregunte por Prada. É suficiente. 

 Prada é un tipo con unha intuición que xa quixeran moitos. El, que prácticamente viu a iste mundo detrás de un mostrador, foi un verdadeiro pioneiro na posta en valor de unha comarca cuxos veciños sabían traballar á terra desde moitos séculos antes, pero quedaba pendente de sacar todo o valor engadido que a labor da viticultura, en particular e do agro, en xeral, habería de dar grazas a intelixencia natural de un home que desde sempre tiña ben craro cal era súa vocación personal. 

 A partires deses bimbios, e co traballo continuado, en equipo cos seus colabouradores, Prada poría seu selo empresarial, persoal e intransferíbel: Prada A Tope.

 Persoas así, que superon interpretar o seu entorno natural e facer del o que outros nin siquera soñaran, merecen que se lles recoñeza súa labor de promoción da comarca leonesa do Bierzo. 

 Cereixas en augardente, conservas vexetais, castañas, viños,..., serían os primeiros productos que levaron súa marca. Logo virían La Moncloa de Cacabelos, e despois o Palacio de Canedo - con máis de tres séculos de antigüidade -, catalogado como Ben de Intereses Cultural, pola Junta de Castilla y León. 

 Os productos da terra, daríanlle azos para afrontar novos retos e ahí están súa industria artesá de conservas, súa adega, o restaurante e un aloxamento, que fan posible que calquer persoa poida disfroitar de todo iso, da paisaxe, de un bo xantar con productos bercianos, e de un merecido descanso nunha singular Pousada. E por si fora pouco, practicar o enoturismo.

 Moito máis poderíamos decir de Prada, pero coidamos que o mellor que podemos facer e suxerir que o amable lector o descobra por sí mesmo cando teña oportunidade. Con certeza que saberá apreciar como a intuición de unha persoa pode facer verdadeiros prodixios, con traballo e con vontade de compartir seus logros, que certamente son moitos.

 Longa vida Prada!

Ningún comentario:

Publicar un comentario