20 de dec. de 2016

A GUARDA

O BNG NON APOIARÁ OS ORZAMENTOS PARA 0 2017

Por non atender ás necesidades da Guarda


Ángel Luis Baz Vicente (portavoz do BNG no Concello guardés): “Para o BNG non se dan as condicións para o apoio a uns orzamentos que son unha mera copia do 2.016”

Ángel Luis Baz Vicente, portavoz municipal do BNG no Concello de A Guarda

Infogauda / A Guarda

 O Bloque Nacionalista Galego ven de faer público que non apoiará a proposta de orzamentos para o 2.017 que o Goberno municipal do PSOE vai levar a pleno este mércores 21 de decembro.

 Para o BNG non se dan as circunstancias para apoiar uns orzamentos que apenas teñen algunha novidade. Son unha copia dos orzamentos do ano 2016polo que, se de aquela non apoiamos os orzamentos, por que teriamos que facelo agora?, comentou o portavoz municipal do BNG, Ángel Luis Baz Vicente.

 Dende o BNG temos claro - engade Ángel Luis Baz - que A Guarda necesita unha serie de compromisos que non se ven reflectidos nos orzamentos que presentan o PSOE.

 O BNG critica a ausencia de partidas específicas como: “emerxencia social” asignadas aos diferentes departamentos que garantan un traballo efectivo e eficiente nos tempos que corren, unha partida para o “pavillón de Solanas” dado que non se pode dar por boa o feito ou unha partida para un plan de acesibilidade, entre outras.

 Hai - segundo afirma o portavoz do BNG no concello guardés - unha ausencia total de proxectos transformadores para A Guarda, a partida da praza de abastos é de puro trámite

 “Para o BNG a nosa praza debe ser un dos centros que dinamice a economía local, tal como está a ser exemplo en concellos próximos. Ou imos a por un modelo de praza diferente ou acabará morrendo de pena, sinala Angel Luis Baz.

 O BNG - remarca Baz Vicente - non é soamente crítico co documento en si mesmo, se non tamén co xeito que ten o goberno municipal de executalo. Levamos anos con prazas de traballadores sen cubrir, a pesar de estar no orzamento e a lei permitir a reposición, nalgúns casos do 100 %.

 Así mesmo, o concello segue asumindo gastos como o do Centro de Saúde que lle custa á Guarda uns 60.000 € anuais.

 Para o BNG o goberno do PSOE amosa un claro esgotamento e unha ausencia de proxecto político, sen iniciativas transformadoras para A Guarda

Ningún comentario:

Publicar un comentario