24 de dec. de 2016

A GUARDA

Os cativos da Guarda decoran a Praza de Abastos 

Cos adornos realizados no obradoiro “Decora o teu Nadal”   

Vista do interior da planta baixa da Praza de Abastos
Fotos: C. A.G.

Infogauda / A Guarda

 O xoves día 22 deste mes, a Casa dos Alonso da Guarda acolleu, dende as 11:30 horas, o segundo dos obradoiros de decoración infantil “Decora o teu Nadal”.  

 Despois de que os nenos participantes decoraran o pasado sábado día 10 de decembro as escaleiras do edificio do concello, desta volta o obradoiro estivo adicado á Praza de Abastos da vila.  

Ambientación navideña na Praza de Abastos guardesa


 Deste xeito os pequenos continúan a axudar na decoración e embelecemento da vila, neste caso dun lugar tan importante para a dinamización social da Guarda como é a Praza de Abastos.  

Compoñentes do Coro Fuscalheiro, actuando na Praza do Reló

 Ademais, na mañá de onte o concello da Guarda organizou tamén unha chocolatada de balde na propia Praza de Abastos e música para amenizar as rúas da vila a cargo do Coro Fuscalheiro  

 A vindeira semana terá lugar o terceiro, é último, dos obradoiros infantís de decoración navideña organizados polo concello da Guarda. Realizarase co obxectivo de crear adornos para a Recepción dos Reis Magos e da Cabalgata que se celebra o día 5 de xaneiro. E o próximo xoves día 29 de decembro volverá a repetir a chocolatada na Praza de Abastos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario