30 de dec. de 2016

A GUARDA

O BNG ESIXE EXPLICACIONS AO ALCALDE DA GUARDA

Sobre a recollida de lixo en Fontequente  

Ángel Luis Baz Vicente, voceiro municipal do BNG no Concello de A Guarda: “Sacos de lixo acumulándose durante semanas certifican que a nova ordenanza do lixo empeorou as cousas: o Concello xa non ten tempo límite obrigatorio para recoller o lixo na Guarda”  



Ángel Luis Baz Vicente e Xan Lois Lomba Alonso, dous dos concelleiros do BNG na Corporación Municipal do Concello de A Guarda



Infogauda / A Guarda

 Tal e como afirma seu portavoz municipal no Concello de A Guarda, Ángel Luis Baz Vicente “o Bloque Nacionalista Galego considera inaceptábel a situación que se está a vivir na zona de Fontequente, onde hai case dous meses que se levan acumulando uns sacos de lixo sen que o Concello da Guarda tomase medidas para a súa recollida

 O BNG entende que pode haber momentos puntuais nos que a recollida poida ser dificultosa, pero estar 8 semanas sen recoller lixo de gran volume, de natureza descoñecida resulta de moi difícil explicación.  

 Ante esta situación, a veciñanza de Fontequente puxo en coñecemento do grupo de goberno do PSOE con escaso éxito.  

 Ángel Luis Baz Vicente afirma igualmente: “Os nosos veciños teñen dereito a un servizo eficiente e eficaz de recollida de lixo, non se lles pode deixar tirados durante 2 meses e non dar contestación axeitada”.    

 Unha ordenanza do lixo ineficaz  

 O BNG xa advertiu que a nova ordenanza eliminaba dereitos aos guardeses e guardesas. O voto en contra do BNG estaba argumentado nunha serie de puntos como a falta de obrigatoriedade do concello a ter que recoller o lixo e a limpar os contedores, así como a falta de puntos de información social.  

 Coa anterior ordenanza o goberno tiña a obriga de recoller o lixo e limpar os contedores, agora xa non existe esta obriga”, sinala o concelleiro do BNG Xan Lois Lomba Alonso.  

 O BNG esixe explicacións e unha acción inmediata de limpeza e recollida de lixo no barrio de Fontequente”, conclúen os concelleiros nacionalistas.

1 comentario:

  1. ¡Non lle esixais explicacións, esixidelle que faga as cousas! Que non so vai a ser cobrar ¡Hay que traballar!

    ResponderEliminar