15 de dec. de 2016

A GUARDA

A GUARDA DESPEDIRA O ANO 2016 CUN CHAPUZÓN NAVIDEÑO 

Esta actividade de balde terá lugar o día 31 de decembro na Piscina Municipal dende as 11:00 ás 12:30 horas  



Infogauda / A Guarda

 O ano 2016 está a piques de rematar e dende o concello da Guarda convidan a todos os veciños a despedilo dun xeito orixinal e por todo o alto.   

 Con este obxectivo organízase dende o Departamento de Deportes do concello, coa colaboración de Transgalaica, o evento Chapuzón Navideño. Esta actividade de balde terá lugar o día 31 de decembro na Piscina Municipal dende as 11:00 ás 12:30 horas.  

 Esta será unha ocasión perfecta para desfrutar dunha mañá en familia antes das celebracións de Fin de Ano. Na Piscina Municipal haberá un inchable acuático e realizaranse diversos xogos que amenizarán a mañá a todos os asistentes.  

 Dende o concello anímase ás familias do municipio a acudir á Piscina Municipal para así  pasar xuntos a mañá do día 31 de decembro co Chapuzón Navideño.

Ningún comentario:

Publicar un comentario