5 de nov. de 2016

O CASTRO (SALCIDOS)

A FONTE DA COMUNIDADE DE MONTES VECIÑAIS EN MÁN COMÚN DA PARROQUIA DE SALCIDOS É APTA PARA O CONSUMO




A auga desta fonte volta a ser apta para o consumo
Foto: Infogauda


Infogauda / O Castro (Salcidos)


 Desde á Xunta Rectora da Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común da parroquia de Salcidos, que preside Eloi Gómez Mariño, informan á cidadanía que a fonte situada fronte á sede da devandita Comunidade, volta e ser apta para o consumo. 

Na imaxe os resultados da analítica de data 27.10.2016, onde consta que á auga é apta para o consumo
Foto: Infogauda


 A preguntas de Infogauda, respecto a desde cando se soubo que a auga desa fonte non era potábel, Eloi Gómez Mariño dixo que no pasado mes de xullo, o concelleiro de servizos do Concello de A Guarda, Paulino Rodríguez González, informoulle que se había feito unha analítica e que o resultado da mesma foi que a auga desa fonte non era, nese intre, apta para o consumo. Por esa razón, a Xunta Rectora da Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común deixou constancia desa incidencia, tanto na propia fonte, como nos taboleiros de anuncios espallados pola parroquia. E deseguido, feitas ás consultas pertinentes, souberon que a orixe da non potabilidade, tiña relación coa presenza de coliformes, orixinadas, presuntamente no lugar da captación da auga, pola descomposición biolóxica, de raíces de árbores, polo que procederon á unha concienzuda profilaxe da zoa, con unha disolución de hiploclorito de sodio, de alto poder desinfectante. E unha vez rematada á limpeza in situ, pasados uns días, a própia Comunidade de Montes encarregou unha analítica da auga, resultando apta para o consumo humano. 

 Posteriormente, fixeron unha nova analítica, cuxos resultados están expostos no taboleiro de anuncios da Casa da Comunidade de Montes en Mán Común de Salcidos, onde como pudemos comprobar, segundo a análise de data 27.10.2016, queda perfectamente claro que a auga desa fonte é apta para o consumo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario