UN BAIXO MIÑO PARA TODOS
Feliciano J. Valcárcel Portela / A Guarda
San Xerome volve a reunir ós concellos do Baixo Miño para seguir impulsando o proxecto de accesibilidade física e cognitiva. Neste proxecto se avaliarán os edificios públicos, comezando polos concellos para que podan ser accesibles para todos e todas.
A esta reunión puideron asistir representantes dos concellos de Tui, Tomiño e Oia, pero se mantiveron informados tamén ós concellos de A Guarda e O Rosal, que non puderon acodir.
Neste encontro, expuxéronse xa as primeiras conclusións dos grupos de traballo que están empezando a avaliar a accesibilidade integral dos concellos, coa absoluta implicación das representantes asistentes, que mostraron en todo momento o seu interese en empuxar este proxecto, que uniría a todo o Baixo Miño cun interese común: Adaptar as institucións, tendo en conta a diversidade poblacional, convertíndoas en accesibles para todos e todas
Os concellos do Baixo Miño consolidarán o seu vínculo a este proxecto común, que impulsou o Centro San Xerome Emiliani có apoio do Centro Juan María de Nigrán, o vindeiro mércores 23 de Novembro ás 11:00 h, mediante a sinatura dun compromiso de adhesión.
Ningún comentario:
Publicar un comentario