30 de out. de 2016

TUI

O CLUBE DEPORTIVO ANDATUI ORGANIZA A RUTA DA CASTAÑA EN PARADA DE SIL



Club Deportivo Andatui Regodapedra / Tui

 O próximo día 5 de novembro faremos a ruta da Castaña en Parada de Sil. 

 Saíremos do Centro Interfederado ás 8 da mañán cara os Canóns do Sil, para percorrer unha distancia de 14 km. 

 Recomendamos levar botas, bastóns, mochila con bebida e un bocadillo (teremos posibilidade de mercalo no bar da saída).  

 Nesta rota, levaremos os nosos coches, repartidos para levar o mínimo posible deles.  

 Se queredes ver a grandeza dos Canóns do Sil, mosteiros, grandes fragas de castiñeiros cun sinfín de miradores, apúntate a esta rota.  

 Sairemos puntuais. Por respeto, non esperamos por ninguén.  

¡¡OBRIGATORIA A INSCRICIÓN NA WEB!!  

 Inscricións aquí.   

 Tamén temos pensado facer unha rota dende Cristelo á Peneda polo Xures, sendo de dificultade alta; pero queriamos saber quén estaría disposta a facela, pois teriamos que alugar un autobús que nos deixara en Cristela e nos recollese na Peneda. 

 Esto sería o día 19 ou 26 de novembro. Tamén teriamos que levar bocadillo para comer.

Ningún comentario:

Publicar un comentario