30 de out. de 2016

O ROSAL

NOVA SINALIZACIÓN DO TRAZADO DO SENDEIRO HOMOLOGADO PR-G94 ROTA DOS MUÍÑOS DO FOLÓN E PICÓN 


Infogauda / O Rosal 

 O Concello do Rosal ven de rematar estes días o proxecto de modificación e incremento da sinalización do sendeiro PR-G94 da Rota dos Muíños do Folón e do Picón.  

 O trazado orixinal deste sendeiro xa fóra adaptado e sinalizado polo Concello hai anos, para a súa homologación e incorporación á listaxe de rutas sendeiristas potenciadas pola Xunta de Galicia. 

 Desde o executivo municipal sinalan: "Recentemente, comprobouse que existía un importante problema no seu percorrido na época de choivas, xa que o río Folón, que no verán case está seco, viña crecido e a ruta se facía intransitable para os sendeiristas. Por tal motivo, propúxose unha modificación no seu trazado, facendo un cambio que permitira vadear o río, permitindo o paso a través dunha ponte xa instalada. Tal cambio supuxo unha nova sinalización e modificación dos contidos dos paneis xeral (no inicio da ruta) e local (un panel situado xunto o cambio de trazado). Por outra banda, co fin de ampliar o percorrido de 3,5 kms. para aqueles que queran andar un pouco máis, o proxecto contemplou alongar a senda ata a ermida de San Martiño, ampliando o sendeiro en 900 metros máis. A tal efecto, instaláronse paneis interpretativos (con códigos QR enlazados a webs de contidos turísticos e sendeiristas), postes e frechas, balizas e restante sinalización consonte ós manuais de sendeiros homologados".  
A actuación descrita foi financiada ascendeu a 4.217,10 €, sendo este importe cofinanciado do seguite xeito:  

Feder 75% – 1.960,43 € 
MAGRAMA 7,5% – 196,04 € 
Turismo de Galicia 17,5 % – 457,43 € 
Concello do Rosal – 1.603,19 € 
Comisión Europea: FEADER

Ningún comentario:

Publicar un comentario