25 de out. de 2016

O ROSAL

A AGRUPACIÓN MUSICAL DO ROSAL CONMEMORA SEU XXX ANIVERSARIO

O domingo día 30 de outubro, ás 18:30 horas, no Auditorio Municipal do Rosal 


Agrupación Musical do Rosal / O Rosal

 A Agrupación Musical do Rosal conmemora este vindeiro domingo día 30 de outubro, o seu 30º Aniversario, cun concerto que ofrecerá a banda de música da Agrupación Musical do Rosal, no Auditorio do Rosal, ás 18:30 horas. 

 Baixo a dirección de José Javier Bascoy interpretarán un programa con obras de diversos estilos dos compositores Luis Serrano Alarcón, Shostakovich, José Serrano, Teo Aparicio Barberán e Gershwin. 

 A asociación quere dedicar esta data tan sinalada aos fundadores da mesma, facendo unha pequena homenaxe á primeira Xunta Directiva que alá polo ano 1986 deron os primeiros pasos para construír a gran familia musical da que hoxe temos a sorte de formar parte. 

 Ademais, este domingo teremos a alegría de contar con antigos componentes que aceptaron a iniciativa de compartir con nós unha tarde de música, que seguro que non se esquecerá.

Ningún comentario:

Publicar un comentario