14 de out. de 2016

A GUARDA

CONVERXENCIA GALEGA CHAMA Á ATENCIÓN DAS “AUTORIDADES” 

Polo presunto uso indebido dunha sinalización horizontal por parte de alguen vencellado o Concello de A Guarda


As imaxes reflicten á sinalización horizontal que motiva á interperlación por escrito do concelleiro de Converxencia Galega
Fotos: Converxencia Galega - A Guarda

Infogauda / A Guarda

 Con data 13.10.2016 e Rexistro de Entrada nº 6.545, Celso R. Fariñas, concelleiro de Converxencia Galega no Concello de A Guarda, presentou no rexistro municipal, á seguinte interpelación dirixida o alcalde:

ISTO ESTÁ PERMITIDO PARA TODOS???

 Non sabemos se cada un pode facer o que lle pete, pero, debe estar moi barata a pintura que en tódalas esquinas e rúas da nosa localidade cada día amanecen con máis raias brancas e amarelas, algunhas sin ton nin son, e outras, demostrando como ser do Concello ten as súas prerrogativas,  salvo que nós non nos enteiraramos de que a Ordenanza sobre vados, fora derogada e non existira ningunha o respecto. Si iso fora así, a verdade que terían explicacións tanta pintada, unhas feitas polo Concello, e outras polos veciños, cansos de esperar que se cumplan os acordos sobre este asunto, que se toman na Xunta de Goberno Municipal, ou das boas palabras que reciben do Departamento de Tráfico.

 Din que unha imaxe vale máis que mil palabras, pero, as imaxes son ben claras, o vado non existe por ningún lado, e non chega ca banda amarela na veirarúa, senón que se poñen uns dentes de serra por se ningún ve a pintura, iso o vado non se paga, que para algo somos do Concello. Reciben o mesmo trato tódolos veciños? Nós pensamos que non.

 Dende Converxencia Galega, esperamos que unha vez posta en coñecemento das “autoridades” esta situación, procedan da maneira máis urxente a adoptar as medidas pertinentes e esixir que se instale e pague o que está regulado, ou do contrario procedan a anular a normativa municipal.

                       A Guarda, a 13 de Octubro do 2.016  



Celso R. Fariñas 
Concelleiro de Converxencia Galega


Sr. Alcalde Presidente do Concello de A Guarda

Ningún comentario:

Publicar un comentario