5 de set. de 2016

VILA NOVA DE CERVEIRA

CULTURA

"AURUM", EXPOSICIÓN DE GRAVADOS DE ALFONSO VICENTE REY, NA PORTA XIII

O artista guardés Alfonso Vicente Rey, expón na Porta XIII, de Vila Nova de Cerveira
Foto: Daniel Lomba

Daniel Lomba / Vila Nova de Cerveira

 O pasado día 27 de agosto inaugurouse na localidade portuguesa de Vilanova de Cerveira, "AURUM", unha exposición de  gravados de Alfonso Vicente Rey. 

 A través da súa obra, o artista, suxire unha reflexión sobre o impacto do home nas demais especies. Sete gravados, reflexo dun proceso creativo totalmente artesanal, e que brinda a oportunidade de observar a evolución e crecemento  persoal do artista natural de A Guarda. 


 A exposición pode visitarse na Porta XIII, Associação Poética de todas as Artes, na Rúa Queirós Ribeiro nº 11/15, en horario (Portugal): de martes a sábado (10H00-13H00 /14H00-18H00) ata o venres día 16 de setembro. 

 Algunhas  das obras expostas formarán parte dunha nova mostra que está a preparar o artista na localidade portuguesa de Caminha.

ALFONSO VICENTE REY
Debuxante, pintor e gravador, naceu na Guarda (Pontevedra) en 1973. Licenciouse en Belas Artes pola Universidade de Salamanca no ano 2007. Tamén cursou o Ciclo Superior de ilustración na Escola de Arte e Superior de Deseño Antonio Faílde de Ourense, entre os anos 2000 e 2002.
Exposicións individuais:
Galería de arte Caminhense en Caminha, Portugal, 2015.
Centro Cultural de A Guarda nos anos 1999, 2000 e 2003.
Recreo Artístico Guardés, A Guarda en 1998.
Exposicións colectivas:
2015
XVIII Bienal de Cerveira: uma seleção na Sala X da Facultade de Belas Artes de Pontevedra.
XVI Certamen nacional de grabado José Caballero no Centro Cultural Pérez de la Riva, Las Rozas, Madrid.
A arte alén do Miño no Castelo de Dona Urraca en Salvaterra de Miño, Pontevedra.
XVIII Bienal de Cerveira no Fórum Cultural de Vila Nova de Cerveira, Portugal.
2013
Ganadores Premio IberArt no Museo ABC de Dibujo e Ilustración de Madrid e no Palacio de Congresos y Exposiciones de Castilla y León de Salamanca.
New work from Spain and The Netherlands. IberArt Painting prize 2013 na Griffin Gallery de Londres.
2012
Grabado e innovación, cursos 2007, 2008 y 2009 no Espacio Cultural Palacio Los Serrano de Ávila.
VIII Feria de Arte Contemporáneo de Arévalo. Ávila.
2010-2011
Finalistas Prix Raymond Leblanc 2011-2012 e 2010-2011 no Moof Museum de Bruxelas.
2007
Alumnos taller de grabado de Pepe Fuentes-07. Espacio Cultural Palacio Los Serrano.
Ávila.
2006
Concurso de Dibujo Galería Artis en Salamanca.
Premios:
Primeiro premio no Concurso IberArt, categoría Dibujo-general. Madrid (2013).
Primeiro premio no Concurso Nacional de Dibujo Galería Artis. Salamanca (2006).
Accésit no Certame de pintura rápida ao aire libre Cidade de Lugo. (2005, 2003 e 2002).
Primeiro premio no Concurso de pintura rápida Festas do Corpus de Ourense. (2004 e 2002).

+ INFO

Ningún comentario:

Publicar un comentario