CULTURA
UN CAMPOSANCOS DE CINE, EXTENDEU A ALFOMBRA VERMELLA A SEU CINEASTA NANI MATOS
O I Ciclo de cinema abriuse coa proxección de Lurna
Nani Matos - de pe a dereita da imaxe - con membros do equipo e actores de Lurna, e representantes da organización do I Ciclo de Cinema "Camposancos de Cine"
Foto: C.MM.VV. Camposancos
Infogauda / Camposancos
Nani Matos - de pe a dereita da imaxe - con membros do equipo e actores de Lurna, e representantes da organización do I Ciclo de Cinema "Camposancos de Cine"
Foto: C.MM.VV. Camposancos
Infogauda / Camposancos
Pouco despois das 21:00 h., do pasado sábado día 3 de setmbro, no terreiro de San Amaro, nún ambente de auténtica estrea, e con unha temperatura de verán, comezaron a soar as notas as notas musicais de BieitoSolo diante de máis de 300 persoas que non quixeron perderse a gala de apertura do I Ciclo de Cinema "Camposancos de cine", na que xunto con membros do equipo actoral, o protagonista principal foi o actor, director, guionista e productor de cinema, Laureano Matos Barcia (Nani Matos), que tivo a ben honrar os seus veciños e a tódolos presentes, coa súa presenza, na estrea no seu pobo natal, de Lurna, súa nova curta.
O artista Bieito Álvarez - BieitoSolo no mundo musical - ofreceu unha verdadeira primicia estreando - a ocasión non era para menos - unha canción adicada a Nani, que coa compaña da proxección de un vídeo, emocionou o cineasta de Camposancos, e tamén logrou calar no respectable público.
Como non podía ser doutro xeito, porque o sábado era un deses días grandes para Nani Matos; ademáis da compaña da súa familia, amigos e veciños, contou tamén coa participación dos actores Mame Sokhna, Humy Donado, Santi Prego e Luis Iglesia, así como de varios membros do equipo da curta, como Ana Diz, directora de produción; e Manu Conde, compositor.
Logo da proxeción de Lurna, Nani Matos exerceu súa persoal didáctica explicativa do proceso de xestación desa curta, engandindo varias anécdotas da rodaxe, salientando que Lurna está baseada nunha historia real. Tan real, e tan forte, como as que as veces nos reflicten os medios de comunicación social, e que nos resultan incómodas, polo que sen ningún tipo de remorso, optamos por pasa-la páxina do xornal ou mudar de canle de TV. Dese xeito, as vivencias de moitas persoas como a protagonista de Lurna quedan solapadas, esquecidas, ignoradas,..., tanto pola opinión pública, como as veces pola propia Administración. Dese xeito ás traxedias persoais e a explotación que sofren algúns inmigrantes quedan invisibilizados. E Nani Matos, que referiu que tódolas seus guions estaban xestados en Camposancos, tivo a valentía de facer que Lurna nos abra os ollos o que moitas veces - demasiadas diríamos - non queremos saber.
Rodada na cidade de Pontevedra, Lurna contou coa colaboura de moitas persoas que se involucraron de cheo neste proxecto que está percorrendo polo mundo adiante. Como mostra, as numerosas selecións en certames internacionais de cinema como o XII Festival Internacional de Cine de los Derechos Humanos de Sucre (Bolivia) ou o Visioni Corte Fil Festival (Italia), e tamén a nivel nacional.
Compre salientar, que o mesmo día en que o pobo de Camposancos tiña o privilexio de vivi-la estrea de Lurna, esta curta de Nani Matos participaba no Farm Film Festival 2016 de Sicilia, quedando de manifesto o altísimo grado de compromiso de Nani Matos co seu pobo, xa que o cineasta camposino, nun xesto que dí moito - e ben - del, decidiu estar en Camposancos e non ir ata Italia.
En canto a recoñecementos a esta curta, Lurna xa conta nestes intres con unha mención especial no XII Festival Internacional de Cine de los Derechos Humanos de Sucre (Bolivia, 2016), e cos premios do Xurado dos Veciños, o Premio do Xurado á Mellor Actriz e co Premio do Xurado á Mellor Banda Sonora (Cans, 2016).
A velada tamén contou coa participación de un grupo senegalés que animou o evento con música tradicional do seu país de orixe, motivando a toda a audiencia a cantar e aplaudir.
Para finalizar a gala, os promotores (Entidade Local Menor de Camposancos, Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común da parroquia de Camposancos e a Asociación Os Amigos) do I Ciclo de Cinema "Camposancos de cine", fixéronlle entrega de un agasallo conmemorativo a Nani Matos.
E así, dese xeito tan grato, con alfombra vermella e todo, botou a andar a primeira sesión do I Ciclo de Cinema Camposancos de Cine, que continuará o vindeiro sábado día 10 de setembro, as 21:00 horas no Casino de Camposancos, coa estrea mundial do documental 15 Pesetas por Frete, de Estefanía Alonso, e que culminará o sábado día 17 de setembro, tamén ás 21:00 horas, na sede da Comunidade de Montes de Camposancos, coa proxeción de Jeanette, de Xurxo Chirro.

ResponderEliminarMuitas grazas Ricardo, como sempre narras con veracidade e prosa fluída a actualidade local é no caso da presentación de Lurna con un traballo mui traballado.