A LINGUA: NA BOCA, UN ESPECTÁCULO CÓMICO, POÉTICO E MUSICAL SOBRE CASTELAO
Este sábado, día 3 de setembro, ás 22:00 h., no Auditorio Municipal do Rosal
Entrada de balde
Infogauda / O Rosal
O espectáculo “A Lingua na boca”, da compañía Limiar Teatro, chega este sábado día 3 de setembro, ás 22:00 horas ao Auditorio Municipal do Rosal.
Este espectáculo cómico, poético e musical sobre a lingua combina música e narración oral para achegar a figura de Castelao ao público actual dun xeito ameno e diferente ao habitual da man dos actores Brais Iriarte e Fran Núñez, quen tamén é o director do espectáculo.
A obra parte dos textos do propio escritor que se combinan con historias de creación propia sobre a vida e a traxectoria do autor. Estas historias van acompañadas de temas musicais e melodías tradicionais galegas ás que dende a compañía Limiar Teatro lle dan unha volta para actualizalas, todo isto interpretado en directo con diferentes instrumentos como a frauta ou o contrabaixo, entre outras.
Dende o Concello do Rosal convídase a todos os veciños e visitantes a desfrutar dunha actuación coa que se pretende homenaxear pero tamén reflexionar sobre o legado que deixou Castelao como unhas das principais figuras da historia de Galicia e que chega ata os nosos días.
Ningún comentario:
Publicar un comentario