NECESARIA CONCIENCIACIÓN E EDUCACIÓN AMBIENTAL
Concello do Rosal
Estas son fotos do lamentable feito que non debera suceder. A día de hoxe é inconcibible que se teñan comportamentos deste tipo, é dicir, achegarnos ao lugar onde están os contenedores de lixo para deixar todo tipo de obxectos que deben de ir ao PUNTO LIMPO: rodas, colchóns, cadeiras, plásticos,...
Hoxe non hai escusa para facer as cousas mal, temos a fortuna de ter, a diferenza doutros concellos, a disposición dos veciños e veciñas do Rosal, de xeito GRATUITO, un PUNTO LIMPO onde levar todos os residuos ou obxectos que NON DEBEN IR aos contenedores de lixo: orgánico, envases, vidro e papel cartón.
Estes feitos, que denotan FALTA DE CONCIENCIACIÓN E EDUCACIÓN AMBIENTAL E NOTORIA DESPREOCUPACIÓN SÓ DUNHAS CANTAS PERSOAS, dan unha imaxe do Rosal que cremos desde o concello que o resto dos veciños e veciñas, que son a maioría, non nos merecemos.
PUNTO LIMPO DO ROSAL: VALDEMIÑOTOS, s/n
HORARIO: MARTES E XOVES DE 15:00 A 19:00 HORAS.
SÁBADOS DE 10:00 a 13:00 HORAS.
GRAZAS POLA SÚA COLABORACIÓN






Ningún comentario:
Publicar un comentario