6 de set. de 2016

MOS

Cultura e Educación adxudica as obras no IES de Mos


Infogauda / Mos


 A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria acaba de adxudicar a obra prevista apra este ano no IES de Mos. Cun orzamento de 79.780,66 €, os traballos consistirán na substitución do peche existente no instituto e na reparación e limpeza dos canlóns da cuberta.
 Cun prazo de execución de 2 meses, a previsión é que a obra estea rematada antes de fin de ano. En calquera caso, o departamento educativo da Xunta de Galicia tomará as medidas pertinentes para que as obras non afecten ao normal desenvolvemento da actividade lectiva. O expediente pode consultarse neste enlace

Ningún comentario:

Publicar un comentario