6 de set. de 2016

CAMPOSANCOS

CULTURA

"15 PESETAS POR FRETE": CAMPOSANCOS ESTREA SEU DOCUMENTARIO

Será o sábado día 10 de setembro, ás 21:00 horas, no salón da Asociación Os Amigos



Infogauda / Camposancos

 Logo da brillante apertura do I Ciclo de cinema “Camposancos de Cine”, coa proxección de Lurna, do actor, director, guionista e productor Nani Matos, que tivo lugar no terreiro de San Amaro, o pasado día 3 deste mes, a programación continúa este sábado día 10 de setembro, ás 21:00 h., no salón da Asociación Os Amigos onde teremos oportunidade de asistir a estrea absoluta do documentario “15 PESETAS POR FRETE”. 

 O igoal que na proxección precedente, a entrada será de balde.

 Este evento está organizado conxuntamente pola Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común da parroquia de Camposancos, Entidade Local Menor de Camposancos e a Asociación Os Amigos de Camposanco.

 “15 PESETAS POR FRETE, dirixido por Estefanía Alonso, xurdiu como proxecto de final de curso de un grupo de doce alumnos da Escola de Imaxe e Son de Vigo que decidiron escenificar unha actividade ilegal - o contrabando - da cal dependía a supervivencia de moitas familias de unha e outra marxe do río Miño. Estamos a referirinos a época de posguerra española, na que tanto os veciños portugueses como os españois, tiñan nesa actividade un medio de subsistencia económica, xa que daquela nin o goberno de Oliveira Salazar nin o do seu colega español, ofrecían alternativas de vida dignas a seus cidadans. Polo tanto, facíase necesario agudiza-lo inxenio e traficar con productos de primeira necesidade e mesmo mediciñas e repostos de automóveis, para que a poboación saíse adiante. O igoal que en outros lugares fronteirizos da península ibérica, Camposancos foi un destacado enclave na actividade contrabandista entre España e Portugal. Con todo, moi poucos lograron fortuna con esa actividade, namentras unha maioría, somentes pudo facer uns cartiños para tapar alguns furados.   

 Como moitos outros xóvenes como ela, Estefanía Alonso, vencellada o pobo de Camposancos, non viviu en primeira persoa aquela época do contrabando, pero sí escoitou desde súa nenez, relatos sobre o contrabando, que forman parte, de algún xeito, da memoria colectiva. Esa transmisión oral da que todos, en menor ou maior medida, somos copartícipes daría lugar a elección do título do documentario, “15 PESETAS POR FRETE, importe que percibía seu avó pola súa labor como freteiro.   

 “15 PESETAS POR FRETEé o resultado de un  proxecto que xurde no outono de 2015 e que pouco despois vai collendo forma coa gravación de varias entrevistas a diferentes persoas relacionadas co pobo - como Nair Rodríguez (Vva. de Eduardo Alonso), que faleceu recentemente - e o mesmo tempo coñecedoras de como era a vida en Camposancos naquel espazo temporal. Grazas a seus testemuños, a partires de “15 PESETAS POR FRETE”  non hai dúbida, que un capítulo moi importante da nosa historia recente como pobo, xa non corre o risco de perderse. Era unha tarefa necesaria e mesmo imprescindíbel, que había que acometer polo que debemos sentirnos satisfeitos que os xóvenes da Escola de Imaxe e Son de Vigo hubesen tido a iniciativa de levar a bo termo seu proxecto. 

 Ademáis das entrevistas, no documentario hai unha importantísima participación de persoas de Camposancos que interviñeron nas escenificacions feitas en lugares tan estratéxicos como A Pasaxe e A Lamiña. Nese senso, compre salientar o alto grado de implicación neste proxecto da xente de Camposancos, caracterizándose de arraianas, de freteiros  e mesmo de forzas de seguridade do Estado, e dese xeito revivir aquelas epopeias nas que os protagonistas principais eran os que arriscaban o seu própio pelexo, no traballo nocturno a pé de río, ou polo monte, alombando cos fretes, sen máis defensa que seu instinto de supervivencia. E como contrapunto, os gardas civís, que cumplindo ordes, sempre que era necesario, e coas armas prestas para facer uso delas, se fose preciso, tentar abortar á labor dos freteiros. Tamén había outros protagonistas obviamente: os que financiaban as operacions de contrabando. Porque nesa actividade quen máis quen menos, estaba implicado. Se a operación saía ben, todos gañaban, mesmo os gardas civís. Se había algún contratempo, os máis febles, os que levaban a peor parte, eran os freteiros. 

 Unha persecución, unha cola de racionamento ou un desembarco son algunhas das representacions que poderemos ver neste documentario. Iso motivaranos a sentir, por uns intres, como era, de dura, esa actividade, na que todos - as veces ata os rapaces máis novos -, en menor ou maior medida, eran copartícipes.

  Por si alguén o dubidaba, que coidamos que non, coa proxección de “15 PESETAS POR FRETE vai quedar constancia de que Camposancos, é realmente de cine.

Ningún comentario:

Publicar un comentario