2 de set. de 2016

A GUARDA

O BNG PRESENTA UNHA MOCIÓN PARA ARRANXAR A RÚA SAN CAETANO NA CRUZADA 

Ángel Luis Baz Vicente (portavoz do BNG, no Concello de A Guarda): “O barrio da Cruzada merece mellor trato que até o de agora lle levan dado os gobernos do PSOE. O Alcalde da Guarda non pode tratar aos veciños da Cruzada como se fosen de segunda, así é como se senten nestes momentos”.  

Ángel Luis Baz Vicente, portavoz do BNG, no Concello de A Guarda

Infogauda / A Guarda

 O Bloque Nacionalista Galego ven de presentar no Concello de A Guarda unha moción para ser discutida no próximo pleno ordinario deste mes de setembro na que se solicita o arranxo da rúa San Caetano no barrio da Cruzada.  

 Para o BNG a falta de investimentos que a Cruzada leva sufrindo durante anos pódese constatar co estado desastroso dunha das súas principais rúas, a rúa de S Caetano, dixo Ángel Luis Baz Vicente, portavoz municipal do BNG.  

  A rúa San Caetano ten - segundo sinala o voceiro nacionalista - o firme cheo de fochancas cunhas instalacións de saneamento e auga totalmente obsoletas que rachan cada vez que se realiza unha reparación. Esta situación está afectando a unha serie de veciños e veciñas que ven como as súas vivendas soportan filtracións coas consecuentes humidades e malos cheiros nas súas bodegas

 Asemade, Ángel Luis Baz Vicente non dubida en sinalar que “o barrio da Cruzada merece mellor trato que até o de agora lle levan dado os gobernos do PSOE. O Alcalde da Guarda non pode tratar aos veciños da Cruzada como se fosen de segunda, así é como se senten nestes momentos”.  

 Finalmente, o portavoz do BNG adianta que esta vai ser a primeira das iniciativas que, entre outras, imos presentar para a mellora esta zona tan abandonada da Guarda.

Ningún comentario:

Publicar un comentario