18 de ago. de 2016

SANXENXO

CULTURA


ÁLEZ VÁZQUEZ INAUGURA Á EXPOSICIÓN "ACARIÑANDO O CEO DE CECEBRE"

Este xoves, día 18 de agosto, ás 21:00 h., na Sala Nauta, do Porto Deportivo de Sanxenxo

Álex Vázquez-Palacios
Foto: Amelia Palacios



Ricardo Rodríguez Vicente / Sanxenxo

 Desde ás 21:00 h. deste xoves día 18 de agosto e ata o día 28 deste mes, a Sala Nauta, do Porto Deportivo de Sanxenxo, acolle á exposición do pintor Álex Vázquez Palacios, "Acariñando o ceo de Cecebre", recreación da obra "El Bosque Animado", de Wenceslado Fernández Flórez. 

 A exposición pódese visitar tódolos días de 20:00 a 23:00 horas.

 Álex Vázquez-Palacios é un artista con unha ampla traxectoria expositiva. Na súa obra reflicte á síntese cromática do que lle arrodea, a traverso dunha abstracción na que prescinde do accesorio, para enaltecer o imprescidíbel.

 Acrílico s/tabla. 100x100 cm. 2015 
© Alex Vázquez-Palacios

 Vázquez - Palacios combina súa experiencia como artista, con unha creatividade sen límites, na que a materia e a cor, son os protagonistas fundamentais dos seus cadros, onde teñen cabida tanto os acrílicos, como os óleos, e mesmo as acuarelas. 

 Para Álex Vázquez non hai límites técnicos para lograr plasmar tanto á beleza das camelias - das que é un gran experto - como os camiños, coas súas luces e sombras que nos conducen a recunchos de poética fermosura.

 Hai moita enerxía positiva na obra de Álex Vázquez-Palacios, polo que visitar súa exposición vai ser moi saudable tanto para o corpo como para á mente de todos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario