29 de ago. de 2016

DEPORTES

PIRAGÜISMO

5ª COPA GALEGA DE PROMOCIÓN DE SLÁLOM EN GOIÁN


Informa (Redacción e fotografías): Rosa Fernández Carrera / Goián


 O pasado sábado día 27 de agosto, a partir das 15:00 h., tivo lugar no río Miño, en Goián, a quinta competición da Copa Galega de Promoción de Slálom organizada polo Club Deportivo Miño-Teixugos, que tamén formou parte da Liga portuguesa de Esperanças de Slálom. Seis clubs galegos e catro portugueses participaron neste evento cun total de 130 deportistas de oito a doce anos. Esta é a primeira vez que se celebra este tipo de competición nas augas do Miño en Goián, onde aproveitando a marea alta se montou o circuíto para nenos e nenas. 



 Coma sempre as cousas foron ben para Os Teixugos. En alevín Ainhoa Bareiro foi ouro en K1 e C1, e Alba Soutelo prata en C1 e bronce en K1. Sergio Martínez foi ouro en K1 e prata en C1 e Samuel Castro ouro en C1. 

 En infantil Ariadna Pereira foi prata en K1 e C1. 

 En cadete Laura Soutelo foi prata en K1 e Marco Patiño bronce tamén en K1. 


 Independentemente do medalleiro, todos o pasaron ben, desfrutaron de forma segura da auga, aproveitaron para facer amigos novos, dun lado e outro do río Miño, ou para reencontrarse cos que xa se fixeron noutras competicións. 

 Na clasificación por clubs o Piragüismo Penedo de Caldelas foi primeiro, O Tea de Mondariz segundo, e o Club Deportivo Miño Teixugos, terceiro. 


 A tempada para os máis pequenos rematará o 25 de setembro en Mondariz.

Ningún comentario:

Publicar un comentario