29 de ago. de 2016

A GUARDA

O BNG INSTA AO ALCALDE DA GUARDA A CHEGAR A UNHA SOLUCIÓN CO ESTALEIRO CASTRO 

O BNG solicita unha mesa de traballo que garanta a transparencia necesaria para chegar a un acordo  

Ángel Luis Baz Vicente, portavoz municipal do BNG no Concello de A Guarda

Infogauda / A Guarda

 O BNG de A Guarda ven de facer pública, unha vez máis, súa opinión ante a preocupante falta de información e dun acordo entre o estaleiro J. Castro e o Alcalde da Guarda", o tempo que da conta que o Bloque Nacionalista Galego presentou un escrito onde solicita a creación dunha mesa de traballo na que o Alcalde da Guarda achegue unha proposta inicial por escrito para poder traballar e chegar a unha solución definitiva que asegure a viabilidade da empresa, asegurando os postos de traballo.  

 O BNG lémbralle ao Alcalde da Guarda que hai un acordo plenario que lle obriga a buscar un acordo entre o estaleiro e a Entidade Menor, afirmou Ángel Luis Baz Vicente, portavoz municipal do BNG. 

 “Máis que nunca faise necesario esa mesa de traballo, que xa propuxemos hai meses, porque parece que non se está sendo honesto en todo este asunto. Queremos transparencia e eficacia por aparte do Alcalde da Guarda”, comentou Ángel Luis Baz.  

 Asemade, Ángel Luis Baz Vicente non dubida en afirmar: Para o BNG, o PSOE está xogando co futuro dun grupo de traballadores que, sen ningún apoio institucional, tiveron que buscar unha empresa que lle dera viabilidade aos seus postos de traballo.  

 A formación nacionalista ve con preocupación que a inacción do Alcalde da Guarda poida poñer en perigo un dos poucos centros de traballo con futuro no concello da Guarda, nunha situación de crise económica e coa falta de traballo que hai na Guarda.

Ningún comentario:

Publicar un comentario