PIRAGÜISMO
SEIS OUROS E TRES PRATAS PARA OS TEIXUGOS, NA 4ª COMPETICIÓN DA COPA GALEGA DE PROMOCIÓN DE SLÁLOM NO ÉZARO
Seis primeiros postos e tres segundos son un moi bo resultado para estes pequenos deportistas
Informa (Redacción e fotografías): Rosa Fernández Carrera
O pasado sábado día 6 de agosto, tivo lugar no Ézaro, en Dumbría, a 4ª competición da Copa Galega de Promoción de Slálom, a que non faltaron os máis pequenos do Club Deportivo Miño - Os Teixugos. Os resultados foron máis que satisfactorios para os teixuguiños. Ariadna Pereira acadou dous ouros nas categorías C1 e K1 infantil, Ainhoa Barreiro tamén ouro en K1 Alevín e prata en C1, a súa compañeira de categoría Alba Soutelo, foi ouro en C1 e prata en K1; seguindo na categoría Alevín pero masculina, Sergio Martínez conseguiu ouro en caiac e prata en canoa por detrás de Samuel Castro que foi ouro.
Seis primeiros postos e tres segundos son un moi bo resultado para estes pequenos deportistas.
Na clasificación por equipos o Club Deportivo Miño-Teixugos rematou terceiro, sendo gañador o Penedo de Caldelas seguido do Club Tea de Mondariz.

Ningún comentario:
Publicar un comentario