7 de ago. de 2016

A GUARDA

FESTAS DO MONTE SANTA TREGA

De Interese Turístico Galego

Do 8 ó 15 de agosto de 2016




Infogauda / A Guarda


 Este luns día 8 de agosto comezan na vila de A Guarda, as Festas do Monte Santa Trega, que contan coa decraración de Interese Turístico Galego. 

 Desde aquela primeira romería promovida pola Sociedade Pro-Monte Santa Tecla, que tivo lugar en 1913, ata o día de hoxe, as Festas do Monte Santa Trega viron transcorrer nada máis e nada menos que 103 anos. O longo dese século ás Festas do Monte Santa Trega foron crecendo en días de festexos e en actividades. Diferentes comisions organizadoras fixeron posíbel, coa colaboura do comercio, da industria, e dos veciños de A Guarda e súa contorna, que ás Festas do Monte Santa Trega sexan, desde fai bastantes anos, todo un referente, non soio no Baixo Miño senón máis aló da nosa comarca. Poderíamos decir, sen temor a errar, que ás Festas do Monte Santa Trega, teñen unha destacada transcendencia cultural, económica, social e turística, non soio na Guarda senón nos pobos dos arredores. En todo iso ten moitísimo que ver a labor das diferentes comisions de festas, desde á primeira ata á que hoxendía, e desde fai uns anos - Asociación Cultural e Deportiva "O Cancelón" - se ocupa de xestionar todo o referente a financiación, organización e programación destes importantísimos festexos cuxo desenvolvemento redunda positivamente na economía da comarca miñota. 

 Apoiemos os compoñentes da Asociación Cultural e Deportiva "O Cancelón", dando doativos, mercando o libro-programa e rifas para o sorteo, e disfroitemos das Festas do Monte Santa Trega, do mellor xeito que poidamos, desde o primeiro día ata o remate das mesmas. 

 Felices Festas do Monte Santa Trega!

PROGRAMA DAS FESTAS DO MONTE SANTA TREGA, 2016

08/08/16 
POLA MAÑÁN GRUPO DE GAITAS RECORRERAN AS RÚAS DO POBO. 

20:00 H. PREGON FESTAS DO MONTE NO AUDITORIO DE SAN BIEITO A CARGO DE IRENE, FERNANDO, DANI, JAVI MOTA E PEQUE, VOCALISTAS DA ORQUESTRA OLYMPUS. 

22:30 H. VERBENA: ORQUESTRAS OLYMPUS E ALASKA. 

09/08/16 
DÍA DO NENO POLA MAÑAN GRUPO DE GAITAS RECORRERAN AS RÚAS DO POBO. 

19:00 H. III ANDAINA FESTA DO MONTE, SAÍDA DENDE A ALAMEDA. 

20:00 H. DIA DO NENO NO AUDITORIO. 

21:30 H. XX CERTAMEN DE POESÍA FELICIANO ROLAN NO CENTRO CULTURAL 

22:30 H. VERBENA: ORQUESTRAS CAPITOL E TERRANOVA. 

10/08/16 
POLA MAÑAN GRUPO DE GAITAS RECORRERAN AS RÚAS DO POBO. 

17:00 H. MARCHA CICLOTURISTA POPULAR CON SAIDA E CHEGADA A ALAMEDA. USO OBRIGATORIO DE CASCO. 

20:00 H. FESTA HOMENAXE A 3ª IDADE NO AUDITORIO DE SAN BIEITO A CARGO DUN GRUPO MUSICAL. 

22:30 H. VERBENA: ORQUESTRAS ABANICO E RITMO JOVEN. 

23:00 H. XIII ROCK IN FERVENZA NA ZONA DO AS DE COPAS.


11/08/16 
POLA MAÑAN GRUPO DE GAITAS RECORRERAN AS RÚAS DO POBO 

16:00 H. XIV CAMPIONATO EXHIBICION DE XADREZ O AIRE LIBRE. Organiza Club Xadrez Albatros. 

ARTESANIA NO PORTO 

20:00 H. ESPECTÁCULO A LINGUA NA BOCA, LETRAS RISCOS E PENSAMENTOS DE CASTELAO NO AUDITORIO DE SAN BIEITO. 
22:30 H. VERBENA: ORQUESTRAS PASSARELA E GRUPO ARAMIO. 

12/08/16 
POLA MAÑAN GRUPO DE GAITAS RECORRERAN AS RÚAS DO POBO. 

POLA TARDE XXV FUTBOL INFANTIL NO ESTADIO MUNICIPAL. 


ARTESANÍA NO PORTO. 

22:30 H. VERBENA: GRUPO AMÉRICA E ORQUESTRA ÉLITE. 

13/08/16 
DESFILE FOLCLÓRICO TRADICIONAL E DAS BANDAS MARIÑEIRA.S 

22:30 H. VERBENA: LOS BOYS MACHINE E AZÚCAR. 

14/08/16 
DURANTE A MAÑÁN SUBIDA AO MONTE DAS BANDAS MARIÑEIRAS E TRADICIONAL XANTAR. 

21:30 H. BAILE VERBENA: OS GRUPOS ÁMBAR E MAYICAL. 

15/08/16 
24:00 H. TIRADA DE FOGOS DE LUCERÍA NO PORTO DA GUARDA. 

Organiza Concello da Guarda. Colabora Comisión de Festas .

DO 26 AO 28/08/16 
FESTA DO PERCEBE 
Anunciarase o programa. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario