18 de ago. de 2016

CRECENTE

DEPORTES

A Xunta de Galicia destaca que a Copa Galicia fará do concello pontevedrés de Crecente o centro do balonmán autonómico 

O vicepresidente Alfonso Rueda asistiu á presentación desta competición, onde participan 19 equipos de Asobal, División de Honra Prata e Primeira Nacional

A fase final, semifinais e final, terá lugar os días 2 e 3 de setembro en Crecente

O vicepresidente da Xunta de Galicia asistiu hoxe á presentación desta competición na delegación territorial da Xunta en Pontevedra, xunto ao secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa; o presidente da Federación Galega de Balonmán; Xosé Lois Pérez Ouro; o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís; o alcalde de Crecente, Julio C. García-Luengo e representantes dos clubs participantes.


Infogauda / Crecente

 O vicepresidente da Xunta de Galicia destacou que a Copa Galicia de Balonmán Autonómico vai facer de Crecente o centro do balonmán de primeiro nivel autonómico, xa que será neste concello pontevedrés onde terá lugar a fase final do campionato.
 Alfonso Rueda asistiu hoxe á presentación desta competición na delegación territorial da Xunta en Pontevedra, xunto ao secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa; o presidente da Federación Galega de Balonmán; Xosé Lois Pérez Ouro; o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís; o alcalde de Crecente, Julio C. García-Luengo e representantes dos clubs participantes.
 A Copa Galicia de Balonmán Masculino comeza esta semana coa participación de 19 equipos pertencentes a Asobal, División de Honra Prata e Primeira Nacional. A competición celebrarase en tres xornadas durante as tres últimas semanas de agosto, antes de chegar a fase final (semifinais e final), que terá lugar os días 2 e 3 de setembro en Crecente. A final da Copa Galicia celebrarase o sábado 3 de setembro, ás 19.00 horas es será retransmitida pola TVG.
 Durante a presentación, o vicepresidente puxo en valor o peso do balonmán en Galicia, que con máis de 7.500 licenzas deportivas o ano pasado e máis de 50 clubes de balonmán, constitúese como unha auténtica potencia neste deporte.

Ningún comentario:

Publicar un comentario