31 de ago. de 2016

CAMPOSANCOS (A GUARDA)

CULTURA

"CAMPOSANCOS DE CINE": ESCEARIO MIÑOTO DO NOVO CINEMA GALEGO

O Iº Ciclo comeza este sábado día 3 de setembro, coa proxección de "Lurna", do director camposino Nani Matos, na Praza de San Amaro

O sábado día 10, proxectarase "15 PESETAS POR FRETE", de Estefanía Alonso, e concluirá o sábado día 17, con "Jeanette", de Xurxo Chirro




   Ricardo Rodríguez Vicente / Camposancos


  Xurdida no seo da Xunta Rectora da Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común da parroquia de Camposancos, e apoiada pola Asociación Os Amigos e a Entidade Local de Camposancos, respectivamente; a proposta de levar a bó termo un ciclo de cinema feito por directores, actores e veciños de Camposancos e da comarca do Baixo Miño, vaise facer realidade a partires deste sábado día 3 de setembro, ás 21:30 h., na Praza de San Amaro, coa proxección en estrea a nivel da comarca do Baixo Miño,  da curtametraxe "Lurna", do actor, director, guionista e realizador, Laureano Matos Barcia - Nani Matos - (Camposancos, 1966). 

 "LURNA" (2016)

Trailer de "Lurna"

Director: Nani Matos  

Elenco: Diaryatou Daff, Humy Donado, Xavier Deive, Luis Iglesia e Santi Prego.  

Producción: Ana Diz; Música: Manu Conde; Fotografía: Jaime Pérez; Edición: Jorge Saavedra.  

Sinopse: 
Lurna é unha xove africana que soña cunha vida mellor. Un día emprenderá unha viaxe coa ilusión e esperanza de encontrar un soño. O que Lurna non sabe, é que pronto desexará regresar.  

 Lurna, unha nova curta do camposino Nani Matos tralo éxito con Dies Dei (2009) e Flores para Amalia (2013).  

Premios: 
Mención especial no XII Festival Internacional de Cine de los Derechos Humanos de Sucre (Bolivia-2016); Premio do Xurado dos Veciños (Cans 2016); Premio do Xurado á Mellor Actriz (Cans 2016); Premio do Xurado á Mellor Banda Sonora (Cans 2016).  

Seleccions: 
Festival Internacional de Cine Social Castilla-La Mancha "FECISO"; XII Festival Internacional de Cine  de los Derechos Humanos de Sucre (Bolivia); Farm Film Festival 2016 (Sicilia -Italia); Certamen Internacional de Cortometrajes El Pecado (Llerena-Badajoz); Semana Internacional de Cine de Autor (Lugo-Galicia); El Rodeo Film Festival (Rojales-Alicante); Festival Internacional Ibizacinefest (Ibiza-Illas Baleares); Fic Bueu (Bueu-Galicia); Visioni Corte Fil Festival (Italia); Festival Primavera do Cine (Vigo-Galicia); Resistencia Film Fest (Chile); XIII Festival de Cans (O Porriño-Galicia); FICT Festival Internacional de Cortometrajes (Torrelavega-Cantabria).

O Iº CICLO DE CINEMA "CAMPOSANCOS DE CINE", CONTINÚA OS DÍAS 10 E 17 DE SETEMBRO

  Depois da estrea de "Lurna", o Iº Ciclo de Cinema "Camposancos de cine", continúa o sábado día 10 de setembro , ás 21:00 h., no salón de actos da Asociación Os Amigos de Camposancos, onde se estreará mundiamente o documental "15 PESETAS POR FRETE", de Estefanía Alonso. 

15 PESETAS POR FRETE (2016)
  
Trailer de 15 PESETAS POR FRETE

Directora: Estefanía Alonso.  

Produción: Lara Campañó; Montador: Fernando Lozano; Imaxe: Brais Martínez, Jennifer Vilariño, Lorena Poza, Blanca Cebrián; Vestiario: Blanca Lamas; Caracterización: Blanca Lamas, Esther Conde; Son: Ángel Iglesias, Santiago Fernández, Francisco Filgueira; Música: Andrés Álvarez. 

Sinopse: 
15 Pesetas por frete é un documentario que reflicte cómo se vivía o contrabando na época de posguerra no Baixo Miño, na zona de Camposancos.  

15 Pesetas por frete é o proxecto de final de curso de 12 alumnos da Escola de Imaxe e Son de Vigo. 

 Este documental nace baixo a dirección de Estefanía Alonso, procedente do propio pobo, quen viviu rodeada de historias sobre o contrabando toda a súa vida.


 O Iº Ciclo de Cinema "Camposancos de Cine", concluirá o sábado día 17 de setembro, coa estrea da curta Jeanette, do director, crítico de cinema e guionista Xurxo González Rodríguez - Xurxo Chirro - (A Guarda, 1973), ao abeiro de Socheo Educativo. A proxección será ás 21:00 h., no local da Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común de Camposancos.


JEANETTE (2016)   

Trailer de Jeannette

Director: Xurxo Chirro.  

Elenco: Jeanette Conde, Ángeles Rodríguez, Antía Álvarez, Mateo Álvarez, Carmen Rodríguez, Álvaro Cara e Pablo Cividanes.  

Producción: Gustavo González; Imaxe: Jorge Carrasco; Son: Beli Martínez.  

Sinopse: 

 Jeanette é unha adolescente que intenta facer frente a varios problemas. O seu rostro mostra os avatares que lle suceden nese momento crucial da sua vida.  

 Un filme dirixido por Xurxo Chirro, e realizado en colaboración cos alumnos do IES A Sangriña da Guarda, na que a actriz principal, Jeanette, é veciña do pobo. 

Premios: 

Premio no VI Festival Internacional de Cine Independiente de Cosquín (Arxentina 2016).  

Seleccións: 
 VII Mostra de Cinema Periférico de A Coruña; Festival Internacional de Cine Independiente de Cosquín (Arxentina).

 Con este Iº Ciclo de Cinema "Camposancos de cine", que xurde co propósito de continuidade en vindeiras edicións, os promotores do mesmo ván darlle un impulso a esta atractiva parroquia de A Guarda, que desde sempre, tanto pola súas características antropolóxicas, económicas, xeográficas, paisaxísticas e sociolóxicas, tivo - para ben - un especial significado no contexto do municipio de A Guarda.

 Nosa felicitación a tódolos que de un xeito ou de outro, fán posíbel que Camposancos sexa realmente de cine.

Ningún comentario:

Publicar un comentario