Encontros cá Cultura en Amorín (Tomiño)
Xosé Manoel Álvarez López / Amorín
Do 5 ó 7 de Agosto terá lugar unha nova edición dos Encontros cá Cultura en Amorín (Tomiño). Coma sempre, haberá actividades culturais e deportivas de temática variada e para todos os públicos.
O venres día 5 é o día destinado a proxección do filme “Seica Disque”, rodado en Goián ca participación e dirección da Asociación San Roquiño.
O sábado día 6 haberá variedade de actividades, con deporte, música e gastronomía tradicional. A partir das sete haberá xogos populares con zancos, aros, a rá, a chave, tiro da corda, etc.. Xa de noite terá lugar o concerto do grupo música tradicional da Asociación e o grupo de Argonat Band, rematando cunha queimada.
Os Encontros cá Cultura de Amorín rematarán o domingo 7. Para deixar bó sabor de boca, a partir das sete da tarde terá lugar o concurso de postres Cultura con Sabor. Tamén haberá contacontos para os peques e as actuacións do grupo de pandereteiras Antros Ríos de Amorín e a Treboada Muimenta de Sobrada.
Todas as actividades realizaranse no Torreiro de Amorín, en horario de tarde-noite. As bases do concurso de postres, así coma os horarios e información detallada de cada actividade poden consultarse na web da asociación de veciños.
Ningún comentario:
Publicar un comentario